“Poesía e veredición”, por Miriam Sánchez Moreiras

Unha nova autora en Anotacións sobre literatura e filosofía

No número 18 de Anotacións publicamos Poesía e veredición. Unha aproximación ao pensamento de Alain Badiou, de Miriam Sánchez Moreiras, unha nova autora, poeta e profesora nos EUA, coa que Euseino? Editores continúa a publicar pensadoras galegas contemporáneas. Desta volta un artigo sobre a importancia da poesía como procedemento de veredeción na obra do filósofo Alain Badiou.

A autora deste artigo parte da idea de que a verdade artística e, con ela, a verdade poética, resulta un marco teórico válido desde o que dar resposta á cuestión que o seu ensaio trata de resolver: en que medida o poema é un procedemento de verdade; e, estreitamente ligada a esta cuestión, que tipo de relación establece coa filosofía, da que é (xunto co matema, a política e o amor) unha das súas condicións.

Esa consideración inicial está directamente relacionada coa filosofía “como afirmación do labor especulativo da razón e a capacidade desta para pensar consistentemente as verdades”.

Segundo Badiou, a obra de certos poetas (Rimbaud, Mallarmé, Celan, Philippe Beck na actualidade) caracterízase pola autorreferencia­lidade do poema, que se volve sobre si mesmo ata efectuar a súa propia desaparición en procura da singularidade absoluta. O que leva a Sánchez Moreiras a salientar que:

A defensa da verdade artística e dunha arte que produce verdade é tanto un imperativo artístico (declaración do que a arte actual “debe ser”) como unha crítica aos vixentes vitalismos románticos.

O ensaio continúa a desenvolver a súa argumentación a través de cuestións coma o novo suxeito de arte, declarando tres imperativos para a nova obra de arte: ser tan rigorosa como unha demostración, tan sorprendente como un ataque nocturno e tan elevada como unha estrela. Tales imperativos enténdense como o modo en que, segundo Alain Badiou, a arte debe acoller e comprometerse coas calidades da verdade (rigorosa) do matema, (sorprendente) da política e (elevada) do amor.

A formulación do novo suxeito de arte e o seu impulso de vida, oposto ao impulso de morte que dirixe aos que o filósofo francés denomina ­suxeito de gozo e suxeito de razón, permite expor a posibilidade dunha alternativa ás propostas vitalistas posmodernas que consideran a poesía como un discurso irracional.

Todo o ensaio de Sánchez Moreiras céntrase nunha preocupación esencial, ofrecer unha saída á orientación de signo negativo e relativista que caracteriza unha parte considerable da reflexión contemporánea sobre a arte e a literatura, desde o escepticismo formalista que a deconstrucción e o resto de manifestacións do xiro lingüístico comparten, ocupadas en poñer en evidencia o fracaso da linguaxe para dar sentido, ata as propostas vitalistas e corporeístas contemporáneas na liña das políticas do corpo de Julia Kristeva e Deleuze.

O artigo de Miriam Sánchez Moreiras que incluímos neste número de Anotacións sobre literatura e filosofía é unha achega fundamental na liña de pensamento que, baseada na literatura e na filosofía, a nosa publicación defende desde a súa cabeceira.

Publicación sen periodicidade fixa, en formato PDF, a Anotacións sobre literatura e filosofía pódese acceder de balde.

Para descargar gratuitamente o artigo de Miriam Sánchez Moreiras en formato PDF, calque sobre a ligazón seguinte:

Poesía e veredición

 

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s