Anotacións nº 5: “Do materialismo especulativo”, entrevista con Quentin Meillassoux

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 5, xuño de 2014
Quentin Meillassoux (entrevista), “Do materialismo especulativo”

Cuberta+lombo

Entrevista con Quentin Meillassoux, realizada en 2011 para o libro New Materialism: Interviews & Cartographies, de Rick Dolphijn e Iris van der Tuin. Na entrevista, Meilla­ssoux fai unha exposición sintética da súa obra. Aínda que o adxectivo «especulativo» podería suxerir un retorno á filosofía precrítica, coa súa crenza dogmática no poder da razón pura, o materialismo especulativo non rexeita as achegas da filosofía crítica, pola contra, abrolla do recoñecemento das limitacións desta. Nese senso, o materialismo especulativo pretende ir alén do xiro crítico e lingüístico realizado polo pensamento do século XX, tendo en conta o innegable progreso que supuxo o seu labor crítico mais recuperando o senso especulativo da filosofía no que esta ten de posibilidade de pensar o absoluto independentemente da posición do ser humano no mundo.

A singularidade da obra de Meillassoux é que pretende conseguir precisamente aquilo que a filosofía moderna nos aprende como imposible desde hai dous séculos: «saír de si-mesmo, apropiarse do en-si, coñecer que é o que somos ou non somos».

Traducida do inglés por Hadrián Loureiro

44 páxs.
Edición non venal en PDF
Descarga gratuíta

 


Apoie as publicacións en acceso aberto.

A Fundación Euseino?, unha organización non lucrativa independente,
agradece a súa contribución.


SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s