Cursos e obradoiros

O Laboratorio de Produción Literaria (LaPLit) vai desenvolver, con carácter permanente, unha serie de cursos, coloquios e encontros con autoras e autores, coa finalidade de apoiar e estimular a produción literaria en todos os seus ámbitos.


Gabinete de Narrativa

Dirixido por Xosé Monteagudo.

Cursos e obradoiros


Rinocerontes e quimeras

Escritura creativa con
Marcos Calveiro

Houbo un tempo afastado no que o maxín substituía o coñecemento. Un tempo no que se soñaban quimeras. Volvamos, a través da escritura, recuperar ese tempo. Un tempo nos que os rinocerontes eran tomados polos lendarios unicornios da mitoloxía clásica e dos contos populares. Un tempo no que a palabra cativaba o público e o facía viaxar polo universo todo coa ollada inocente e curiosa dunha crianza. Creemos quimeras, soñemos con unicornios.

23 de outubro

1ª Sesión: O rinoceronte de Durero. Imaxinación e feitos reais na escritura creativa. ¿Como e que narrar?

6 de novembro

2ª Sesión: Buscando “puta” no dicionario. A palabra como primeiro mandamento do escritor.

13 de novembro

3ª Sesión: No principio era o comezo. Novela fronte a relato.

20 de novembro

4ª Sesión: O derradeiro home sobre  a terra. Concisión e ritmo. Como contar sen perder o paso.

27 de novembro

5ª Sesión: O Eu e os Outros. Verdade, ficción e non-ficción na actualidade.

14 de decembro

6ª Sesión: This is the end. Congruencia, trama e Deus ex machina.

Lugar do obradoiro: sede da Fundación Euseino? na rúa de México 37 de Vigo: ver no mapa.

Inscríbase no obradoiro

Se o desexa, pódese inscribir no obradoiro de escritura creativa “Rinocerontes e quimeras”. Cubra o formulario de inscrición e matricúlese facendo unha achega única de 90 euros, ou en tres achegas mensuais de 30 euros cada unha. Límite de 15 prazas que se han adxudicar por orde de inscrición.