Inscrición no Club de Escritura

Para inscribirse no Club de Escritura dirixido polo escritor Xosé Monteagudo. Lugar das xuntanzas: Fundación Euseino? na rúa de México 37 de Vigo: ver no mapa.


Proceso de inscrición

Pregámoslle que, por favor, cubra este formulario para realizar o seu proceso de inscrición no Club de Escritura.


Moitas grazas por inscribirse no Club de Escritura. Pregámoslle que, por favor, remate o proceso de inscrición efectuando o pagamento da cota de inicial e subscribindo os pagos mensuais.

Nos seguintes botóns, faga agora o pagamento da cota de inscrición de 50 euros para asegurarse unha praza e, en setembro, subscriba as cotas mensuais de 20 euros cada unha.

Se o desexa, a Cota de Inscrición pódea facer por transferencia á Fundación Euseino? (especifique: “Inscrición Club de Escritura”) ao número de conta de Abanca ES59 2080 5025 3130 4003 0335 ou con tarxeta de crédito máis abaixo, no botón “Cota de inscrición”.

As mensualidades subscríbense en setembro, ao tempo que se inicia a actividade anual do Club de Escritura, ou durante o mes no que a persoa subscritora vaia comezar a participar no Club, non no mes anterior. Subscríbase mediante o botón “Cota mensual”. Logo de efectuar o pagamento da primeira mensualidade, hánselle facer automaticamente os cargos cada mes ata o final da temporada de xuntanzas (de setembro a xuño).

Pagamento seguro con tarxeta de crédito. Escolla un dos seguintes botóns:


Despois de calcar no botón e efectuar o pagamento, ha ver unha mensaxe de confirmación da inscrición.