Encontro co tradutor
Jacob Rogers“A literatura e as súas metamorfoses. Obxecto literario e transformación.”
24 de marzo, venres, ás 19,30 horas, na sede da Fundación Euseino?, rúa de México 37, Vigo.
Coloquio moderado pola escritora Berta Dávila, directora da colección Rúa do Lagarto, de Euseino? Editores.
Un debate arredor da concepción da literatura e das súas transformacións. A narrativa e a poesía actuais nos países anglosaxóns, a súa relación —espuria ou non— coa publicada no século XX.
Jacob Rogers obtivo o PEN/Heim Translation Fund Grant en 2020. A súa obra publícase en Arkansas International, Epiphany, Kenyon Review Online, Best European Fiction, Asymptote, Nashville Review e Your Impossible Voice, entre outras revistas.
Entrada libre. Ademais, se o desexa, tamén pode facer unha achega voluntaria (de 3, 5 ou 10 euros) para apoiar a organización deste acto e reservar o seu asento.
Encontro arredor do libro “O colapso”
de Óscar Pazos“O final da civilización industrial.”
29 de marzo, mércores, ás 19,30 horas, na sede da Fundación Euseino?, rúa de México 37, Vigo.
Presentación e coloquio sobre a obra de Óscar Pazos. Coa intervención de Mario Pansera, director do grupo internacional de investigación Lab Innovación Poscrecemento (adscrito á Universidade de Vigo).
O crecemento. As súas polémicas e contradicións. O remate da civilización industrial. A transición inclusiva e xusta á Economía Circular como unha nova economía poscrecemento.
Entrada libre

O xeólogo e colaborador de euseino.org Óscar Pazos propón unha nova lectura do que denomina “civilización industrial”. Un non-retorno ao que este libro tenta atopar saída. ¿É posible unha economía sen economía, aneconómica?
Caderno Tres de “El discurso y el número”
132 páxs., 10 euros