LaPLit – Gabinete de Narrativa


Club de Escritura


No LaPLit da Fundación Euseino? puxemos en funcionamento o Club de Escritura. Un lugar de encontro para as persoas que escriben narrativa de ficción, onde os orixinais se comparten con outras persoas en situación similar e con idénticos intereses.

As súas actividades iniciáronse en setembro de 2022 para continuar ata xuño de 2024. O coordinador literario foi o novelista Xosé Monteagudo, quen supervisaba todos os traballos para ofrecer unha análise narrativa rigorosa e fornecer a quen escribiu cada un deles suxestións que lle permitisen aproveitar todo o seu potencial literario.

Cursos e obradoiros


Curso de ficción narrativa (rematado)

Escribe a túa novela ou os teus relatos con
Xosé Monteagudo

Para comezar a escribir ou para perfeccionar a arte da escritura; para reforzar os recursos literarios coñecidos ou para iniciarse neles dun xeito práctico, directo e con resultados inmediatos. Para axudar e contribuír á formación literaria das persoas que desexan achegarse á escritura ou xa están iniciadas nela e necesitan perfeccionar e ampliar os instrumentos que manexan, desde o LaPLit ofrecemos este Curso de ficción narrativa. Impartido por Xosé Monteagudo, un dos escritores máis prestixiosos da narrativa galega actual, autor de novelas coma Todo canto fomos e Eternity e galardoado co Premio Blanco Amor, o Premio García Barros e o Premio Repsol.

O Curso de Ficción Narrativa vai contar coa colaboración de dúas escritoras convidadas. En dúas das sesións do curso, os participantes han recibir o apoio de senllas narradoras de renome coas que han poder intercambiar opinións e dialogar sobre o oficio de escribir.

As persoas matriculadas no Curso de Ficción Narrativa que amosen unha dedicación especial poderán solicitar gratuitamente un Informe de Lectura sobre un dos seus orixinais de narrativa que escollan. O informe ha ser elaborado por un lector profesional do Gabinete de Orixinais do LaPLit.

Apertura do prazo de preinscrición do 10 ao 22 de decembro de 2021. Infórmese na páxina do curso ou solicite praza directamente:

Rematado o prazo de matrícula. O curso iniciouse o sábado, día 29 de xaneiro, ás 10 horas, na sede da Fundación Euseino? en Vigo, e rematou o 7 de maio de 2022.


Contacte connosco para solicitar información

Volver

Consulta sobre un orixinal

Grazas por poñerse en contacto co Gabinete de Orixinais. No prazo de tres días, como máximo, ha recibir a nosa resposta.
Aviso
Aviso
Aviso
Atención!