En acceso aberto:
Ensaio sobre o poema [PDF] /
Ensaio sobre o poema [ebook en arquivo comprimido zip] /
Ensaio sobre o poema [MOBI – Kindle en arquivo comprimido zip] /
Ensaio sobre o poema [ebook —vía Dropbox]
Ensaio sobre o poema [MOBI – Kindle —vía Dropbox]
O primeiro libro ensaístico do poeta autor da Oseira. Nestas cen páxinas, Antón Blanco Casás vai en procura da razón —ou irrazón— do poema como expresión dun materialismo do encontro, ese desvío que fai aparecer a poesía.
“A palabra do poema faise significado de si mesma dando conta da súa absoluta materialidade. Tan absolutamente material é tamén a mandorla que nela a materia se desata totalmente ceibe da violencia que a distribúe nun tempo e nun espazo.”
O libro establece relacións entre a obra de poetas coma Meendinho, Méndez Ferrín, Paul Celan, Valente e Chus Pato, abríndose tamén ao cinema de Michael Haneke e ao emprego dun estilo no que a metáfora adquire o seu propio valor como desvelación do aparentemente oculto.
“Botellas herméticas e coches tamén herméticos. Casulas nómades a atravesar a intemperie, indo co vento da tormenta, á marxe do trazado urbano, sucando océanos inmensurables, alombados, accidentándose, afogando e estrelándose contra muros.”
Como fondo, o mar e a cor azul. O azul de Yves Klein e do mar de Manuel Antonio. O mar do poema, o mesmo mar no que naufraga a poesía no Coup de dés de Mallarmé, tal como escribiu Quentin Meillassoux noutro dos libros maxenta desta colección Rúa do Sol.
“o poema confórmano xusto aquelas palabras de morte que pronuncia ou escribe o náufrago. Tiradas do lugar e do tempo que as tomou como puro refugallo, teñen a capacidade de vibrar como a voz e ser para si camiño dun lugar: amor, mesías. Efectivamente o poema é aquela encrucillada catastrófica en que a banda conceptual e sónica emprenden unha encarnizada batalla dialéctica.”
O ensaio é un extraordinario exemplo de argumentación metafórica, unha procura do trazo que deixan os poemas para volvelo trazar, creando ligazóns que levan a un final, a ese mar final pois o “poema non volve ao nacemento poque iso só supoñería a renovación do finito. O poema suca o mar da morte para dilatar os seus límites.”
Índice: 9, Dedicatoria e agradecementos — 11, 1. Imaxes inaugurais: coche / casula / botella / mandorla — 21, 2. Vesica piscis — 29, 3. Nostalxia de disolución — 37, 4. Chuvia I — 45, 5. E cercaron-mi as ondas — 57, 6. A espiral — 73, 7. O frío / O azul / A noite. Interludio — 81, 8. Verbo da sombra e o umbral — 91, 9. Ruína infinita / O eco incesante — 101, 10. Chuvia II / Bosquexo para unha poética do encontro e da duración — 115, Bibliografía
Col. Rúa do Sol 5
185 x 135 mm
PDF e libro electrónico
126 páxs.
ISBN 978-84-121580-1-4
Edición non venal – Acceso aberto, 2020
Para descargar gratuitamente o libro en formato PDF, calque sobre a ligazón seguinte:
Ensaio sobre o poema [PDF]
Descárgueo gratuitamente tamén en formato ebook —vía Dropbox— na ligazón:
Ensaio sobre o poema [ebook —vía Dropbox]
Ensaio sobre o poema [MOBI – Kindle —vía Dropbox]
Ou ebook nun arquivo comprimido [zip]:
Ensaio sobre o poema [epub]
Ensaio sobre o poema [MOBI – Kindle]
Apoie as publicacións en acceso aberto.
A Fundación Euseino?, unha organización non lucrativa independente,
agradece a súa contribución.