María Villamarín

María Villamarín (Casas da Veiga, A Limia, 1989) formouse en xornalismo e estudos lite­rarios na Universidade de Santiago de Compostela, e traballou despois en equipos de comunicación de diferentes proxectos culturais. Ao tempo, autoeditou os fanzines ­titulados Madreselva e Florilège. No ámbito musical, foi teclista e cantante do grupo ­Esposa, co que gravou varios discos.

Actualmente, traballa en Santiago de Compostela como libreira na cooperativa numax, onde participa tamén na xestión de redes sociais e comunicación.

En Euseino? Editores
Diario de dúas casas (col. Rúa do Lagarto 3).