Brais Arribas

Brais Arribas é doutor en Filosofía e Profesor de Ensino Secundario e investigador da Cátedra Internacional de Hermenéutica Crítica (Hercritia). Formou parte do colectivo de pensamento Proxecto Derriba, onde desenvolveu unha tarefa investigadora centrada na ontoloxía hermenéutica e no marxismo máis heterodoxo. Entre as súas publicacións destacan Outro xeito de Ser. Unha introdución ao pensamento de Gianni Vattimo (Estaleiro, 2010), Postmodernidad (xunto a Teresa Oñate, Batiscafo, 2015), Reduciendo la violencia: la hermenéutica nihilista de Gianni Vattimo (Dykinson, 2016), Sobre a eutanásia (Através, 2018) e Vir a menos. Crítica da razón nihilista (Axóuxere, 2019).

Publicado en Euseino? Editores
Transhumanismo. Tecnociencias e antropotecnias (col. Casabranca 11).


Tamén en en Euseino?
Ontoloxía hoxe? (Somos unha conversa)”, Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 13, setembro de 2016.

En procura da realidade: Graham Harman e a súa OOO”, Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 26, febreiro de 2021.

Participou no Programa “Filosofía nas Bibliotecas” 2016 coa conferencia “Deixar ser a diferenza: a potencia política da identidade feble.