Onocrótalo é unha colección de álbums ilustrados dirixida a todas as idades, incluídos os primeiros lectores. A súa finalidade é achegar a arte contemporánea a un lectorado que, non necesariamente familiarizado coas linguaxes artísticas, gusta das formas, das cores e da maneira en que se relacionan. Onocrótalo sérvese da sorpresa e admiración perante a arte para provocar a reflexión e estimular o pensamento.
Libros elaborados por pintoras, artistas plásticos, escritoras e pensadores. Libros que, coma obxectos encontrados, espilen o pensamento e o pracer dos sentidos. Libros para gardar… no papo.
Colección creada e dirixida por Beatriz Fraga.
Termos e condicións das publicacións
Para facilitar o traballo das persoas voluntarias do equipo editorial e preservar a coherencia das diferentes liñas do catálogo de Euseino? Editores, ao acceder á publicación dunha obra (libro, artigo, entrevista, tradución, etc.), as autoras, autores, tradutores e tradutoras aceptan implicitamente os criterios de edición (lingüísticos, tipográficos, etc.) empregados nas publicacións da Fundación Euseino? segundo decisión desta última e agás acordo previo noutro senso.
Títulos publicados