Mondas

 

 

 

ISBN 978-84-945621-8-1

Col. Onocrótalo 3

1ª edición, 1ª impresión: marzo de 2019
1ª edición, 2ª impresión: maio de 2019
1ª edición, 3ª impresión: decembro de 2019

280 x 200 mm
Tapa dura
44 páxs. Impreso en cor
PVP 17 euros [16,32 + 4% IVE]


Mercar

Mondas – Compra con tarxeta

Mérqueo coa súa tarxeta de crédito e pagamento seguro a través de Paypal sen necesidade de darse de alta nesta plataforma de pago. Gastos de envío incluídos (Galicia e Estado español): 1,90 euros (IVE incluído). Para envíos ao resto de Europa e outras partes do mundo, utilícese exclusivamente a ligazón “Na internet”.

€18,90


Na internet
(gastos de envío gratuítos para subscritores da Carta de Información)

Na librería


Os debuxos naturais do pintor Din Matamoro son o motivo deste libro. Compostos con restos de alimentos —tona de froita, cascas de legumes, peles de cebola—, dese refugallo sen valor artístico aparente xorde inadvertidamente, coa axuda de quen os contempla, a forma de algo recoñecible, engaiolador e real.

A esas figuras familiares, coas que a imaxinación pode xogar dunha maneira creativa e dinámica, María Infantes engádelles un conto rimado no que a asociación de ideas e a sonoridade das verbas fai espertar situacións inesperadas.

Coma na arte povera, os materiais primarios, triviais e supostamente alleos á beleza, recuperan a enerxía, o pracer e a ilusión converténdose en personaxes. Escapan da bolsa do lixo, exploran o chan da cociña, albiscan horizontes e paisaxes, transfórmanse. O que queda do que noutrora foi gorentoso e sabedor ten agora unha vida nova grazas á arte das formas e á forza lúdica das palabras.

Para todas as idades, incluídos os primeiros lectores.


Acceda ás intervencións do Encontro con Din Matamoro e María Infantes arredor do seu libro Mondas celebrado o 22 de maio de 2019 no Museo de Arte Moderna (MARCO) de Vigo. Lea as intervencións dos autores do libro e da súa editora, a escritora Beatriz Fraga, nas ligazóns:

Encontro Mondas
A semántica das mondas, por Beatriz Fraga
Debuxos naturais, por Din Matamoro
A historia deste libro, por María Infantes


 

 

“Animando Mondas”
Vídeo de animación realizado por Xosé Ramón Bernárdez.



A opinión da crítica

María Navarro, “Cos resortes da fantasía”, en Faro da Cultura, Faro de Vigo, xoves, 13 de xuño, 2019, páx. VI.

Recensión Faro da Cultura

Faro da Escola, CEIP García Barbón, mércores, 5 de xuño, 2019, páx. 4.

Tabela dos libros en Criticalia: maio de 2019.

2019_maio_tabela


Reportaxe en Diario Cultural, Radio Galega, 6 de maio, 2019

A partir do minuto 09:04, na ligazón:

http://www.crtvg.es/rg/a-carta/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-06-05-2019-4104992

Diario Cultural-Mondas-6-V-2019


Xabier Viana en conminúscula.com, vídeo eartigomira, crea, come“, publicado o 15 de abril de 2019.

“A narración de María Infantes introduce un novo elemento nesta historia. Acompaña (e amarra) a eses obxectos comúns a un novo escenario, ofrecendo ao espectador-lector unha inesperada perspectiva. Esas tonas e restos de comida xa non son obxectos, son personaxes. Poden (esixen) desenvolver as súas propias actividades. Reunidos por arte de maxia creativa arredor do papel e retidos polas palabras a unha historia, logran construír un conto entre todos.

[…]

Mondas é un libro infantil… é un manual de instrucións para adultos. É un libro que axuda a entender a dinámica do acto creativo, o papel das formas e o valor da narración para reconstruír o mundo. Arte povera desenvolto nun arco temporal preciso. Durante anos e anos, atravesando a última crise económica, Din Matamoro fotografa centos de visións residuais na súa cociña.”

Encontro de páxina en "Mondas".

Encontro de páxina en “Mondas”.

 

http://www.crtvg.es/rg/a-carta/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-06-05-2019-4104992http://www.crtvg.es/rg/a-carta/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-06-05-2019-4104992http://www.crtvg.es/rg/a-carta/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-06-05-2019-4104992http://www.crtvg.es/rg/a-carta/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-06-05-2019-4104992SaveSave

SaveSave

SaveSaveSaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSaveSaveSaveSaveSaveSaveSave

SaveSave

SaveSaveSaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave