Obra completa. Vol. extra / m-Talá

Edición do Vixésimo Aniversario

Edición de Carlos Lema

ISBN 978-84-121580-3-8

Col. Obra completa de Chus Pato, vol. extra
1ª edición, 1ª impresión: outubro de 2020
1ª edición, 2ª impresión: novembro de 2021

230 x 155 mm
Rústica con lapelas
232 páxs.
PVP 17 euros [16,32 + 4% IVE]


Mercar

m-Talá — Compra con tarxeta

Mérqueo coa súa tarxeta de crédito e pagamento seguro a través de Paypal sen necesidade de darse de alta nesta plataforma de pago. Gastos de envío (Galicia e Estado español): 1,90 euros (IVE incluído). Para envíos ao resto de Europa e outras partes do mundo, véxase máis abaixo a ligazón “Na internet”.

18,90 €


Na internet
(gastos de envío gratuítos para subscritores da Carta de Información)

Na librería


En xullo do ano 2000, publicábase m-Talá, sexto poemario de Chus Pato. Vinte anos despois, con el iniciamos en Euseino? Editores a publicación da súa Obra Completa.

Denominada Edición do Vixésimo Aniversario, esta edición inclúese nun volume extra polo seu carácter de celebración e, sobre todo, polo significado singular que este poemario tivo tanto respecto da obra ata aquel momento publicada pola poeta coma pola forma en que foi recibido, recepción que outorgou a condición de feito extraordinario a esta obra.

Fóra da orde, extra, é pois o que define tanto esta edición, que se sitúa fóra da ordenación que toda obra completa supón, coma o propio poemario, que sen solución de continuidade levaría a obra de Chus Pato alén dos lindes que ata daquela trazara.

Esta edición, ademais, faise coa finalidade de corrixir, revisar e actualizar aquela de hai vinte anos. Actualizouse a ortografía, adáptándoa á vixente, corrixíronse lapsus calami e erros de todo tipo, revisouse tamén a ortotipografía, a composición tipográfica e diferentes aspectos da posta en páxina dos poemas.

O libro está organizado en dúas partes, o poemario propiamente dito e os anexos, formados por seccións nas que se reúnen dedicatorias, testemuños, estudos críticos, variantes, versións e documentos, antoloxías e traducións da obra.

Nesta última parte, incluíuse unha selección de entrevistas e artigos publicados arredor do poemario, ademais das variantes existentes respecto da primeira edición. Coa supervisión da autora, danse versións precedentes dalgúns dos poemas encontradas nos cadernos de notas que forman parte do Fondo Chus Pato depositado no arquivo da Fundación Euseino?


Índice: 9, Esta edición — 13, m-Talá — 127, Anexos – 129, Dedicatorias – 133, Testemuños – 133, Carme Vidal: “Chus Pato: ‘Quixen que m-Talá fose grande, que tivese tantas palabras coma Shakespeare’” – 136, Carlos Lema, “A literatura: unha patria infinda. Conversa con Chus Pato” – 139, Estudos críticos – 139, Arturo Casas, “Chus Pato: m-Talá” – 146, María do Cebreiro, “Oda a unha ánfora rota (pequena lenda para un mapa impronunciable)” – 147, Xosé M. Eyré, “Nas fronteiras do lirismo actual” – 150, Manuel Darriba, “Outro cume máis da lírica galega” – 150, Armando Requeixo, “O palimpsesto ‘m-Talá’” – 152, Vicente Araguas, “Grandes esperanzas” – 153, María do Cebreiro Rábade Villar, “A ‘Síndrome de Stendhal’: contra a lírica cruel, poesía do esquenzo” – 165, Teresa Seara, “Devoracións” – 167, Helena González Fernández, “Poesía: empezar o milenio” – 168, Teresa Cuíñas Lavandeira, “m-Talá, Chus Pato” – 170, María do Cebreiro Rábade Villar, “Chus Pato: m-Talá, Vigo, Xerais, 2000″ – 172, Andrés Pociña, “Chus Pato, desconcerto de desconcertados” – 174, Miguel Casado, “Hablar contra las palabras. Notas sobre poesía y política” – 178, Helena González Fernández, “Encrucilladas identitarias: sobre xénero, nación e literatura” – 179, Helena González Fernández, “Cordelia pon o caleidoscopio no ollo do Cíclope” – 189, Variantes – 201, Versións e documentos complementarios – 201, Chus Pato, Caderno de notas. “Ourense-Agosto-1996” – 207, Chus Pato, Caderno de notas. Marzo (1998) – 208, Chus Pato, “Autopoética” – 215, Antoloxías e traducións – 215, Poemas en antoloxías – 218, Traducións de m-Talá – 219, Índice dos títulos e dos incipit.


A opinión da crítica

“Unha reedición monumental dunha obra monumental: Os vinte anos de m-Talá, de Chus Pato”, por Antón Blanco Casás, en Abriu: Estudos de Textualidade do Brasil, Galicia e Portugal, (10), 289–292, 15-X-2021.

“m-Talá Reloaded”, por Armando Requeixo, en Suplemento dominical do Diario de Ferrol, 22-XI-2020.


Tabela dos Libros en Criticalia, decembro de 2020.


“breves apuntamentos sobre a obra poética de Chus Pato”, por Xosé Manuel Eyré, en Ferradura en Tránsito II, 2-XII-2020.


“Arrebatado e impudoroso. Fulgores de Chus Pato”, por Román Raña, Faro da Cultura, 10-XII-2020.