Carlos Lema

Carlos Lema (San Sadurniño, 1958) escri­biu os poemarios O xeito de Freud (Premio Johán Carballeira, Espiral Maior, 2008) e Álbum da cuarta dimensión (Chan da Pólvora, 2020). Traduciu Sobre a lectura, seguido de “Días de lectura”, de Marcel Proust, publicado xunto co seu ensaio “Proust e a lectura” (Trifo­lium, 2011). En Poesía, linguaxe e acción (con René Char) (Amastra-n-gallar, 2011) deu ao prelo un conxunto de textos arredor de Martin Heidegger, René Char e a facticidade da poesía. Indeterminacións (Axóuxere, 2012) inclúe ensaios sobre lectura, litera­tura e música. Coa súa plaquette Anomalía (Materialismo do verán), a editorial Chan da Pólvora iniciou en 2017 a colección Malaca de Fóra, dedicada á poesía.

É o tradutor de Quentin Meillassoux para o galego e introdutor do realismo especulativo no noso país.

Como editor, tivo o cargo de director de publicacións en Sotelo Blanco Edicións, onde traballou de 1990 a 2001. De 2002 a 2022 foi director de edicións de Editorial Galaxia, anos durante os que tamén foi membro do consello de redacción da revista Grial.

Forma parte, como fundador e presidente, do Padroado da Fundación Euseino?

Publicado en Euseino? Editores
A música das esferas. Xenealoxía da orde do mundo (col. Casabranca 2).
A monstruosidade moderna (col. Casabranca 9).

En euseino.org
Cartografía da ficción“, Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 1, setembro de 2013.
A inexistencia divina, ou a sonata moderna“, euseino.org, 21 de xuño de 2015.
“Un monstro”, euseino.org, 7 de xullo de 2016.
“Sobre ‘Endless’, de Frank Ocean”, euseino.org, 23 de outubro de 2016.
“¿Cara a onde vai a literatura galega?”, euseino.org, 20 de febreiro de 2017.
“Heidegger e a posición nihilista. Unha lectura do discurso do reitorado”euseino.org, 4 de xuño de 2017.
“Xustificación estética da vida”, euseino.org, 22 de xaneiro de 2018.
Propedéutica do realismo especulativo“, Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 17, marzo de 2018.
“A cousa e a alma”, euseino.org, 4 de novembro de 2018.
Decálogo da novela, euseino.org, 19 de febreiro de 2020.
“Novela e multitudo”, euseino.org, 19 de decembro de 2023.
Paul Auster: a literatura como arte de levitar, euseino.org, 2 de maio de 2024.

Traducións
Tempo sen devir, por Quentin Meillassoux, seguido de Continxencia e liberdade: unha comparación entre materialismo especulativo e ciencia experimental, por Anna Longo. Col. Casabranca 4.
Un Coup de dés, ou a divinización materialista da hipótese, de Quentin Meillassoux, col. Rúa do Sol 2.

“Tres poemas de Louise Glück”, euseino.org
“Oda a unha urna grega”, de John Keats, euseino.org
“Orfeo”, de W. H. Auden, e “A escolla”, de W. B. Yeats, euseino.org
“Dous poemas de W. H. Auden”
, euseino.org
“Arte poética”, de Paul Verlaine, , euseino.org
“Unha arte”, de Elizabeth Bishop, euseino.org
“O infinito”, de Giacomo Leopardi
, euseino.org

“Cando arde a casa”, de Giorgio Agamben, euseino.org
“Do algo”, por Tristan Garcia, Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 21-22, xaneiro de 2020.
“Deus fóra dos límites da crítica kantiana”, por Anna Longo, Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 10, setembro de 2015.
Elementos para unha teoría da potencia destituínte, por Giorgio AgambenAnotacións sobre literatura e filosofía, nº 4, marzo de 2014

Outras obras do autor
https://independent.academia.edu/CarlosLema3

Deixar un comentario