Beatriz Fraga

Beatriz Fraga (Carballo, 1967) dedícase ao ensino como mestra de Educación Primaria no Colexio Público García Barbón de Vigo. Traduciu para o galego Pinocchio e Heidi, da serie Movil Books (Sotelo Blanco Edicións), e Dadahwat (Lendas indias norte­americanas) (Galaxia-Editores Asociados). Tamén para Editorial Galaxia, realizou as actividades didácticas e a tradución de varios títulos da colección ­Espazos. No ano 2009, publicou Marcelo o morcego (Editorial Galaxia), conto para nenos no que experimenta coa prosa rimada, o humor e o cuestionamento dos roles. Co relato “Un sitio perfecto para o peixe globo”, participou no proxecto literario colectivo Contos de taberna, organizado polo Concello de Carballo e recollido posteriormente no libro do mesmo título (Edicións Embora, 2014).

En 2017, crea a colección Onocrótalo de álbums ilustrados, da que é directora e editora. Forma parte, como fundadora e vicepresidenta, do Padroado da Fundación Euseino?

Publicado en Euseino?
O Rei Portador e outras historias (col. Rúa do Lagarto 1)
Lica (col. Onocrótalo)
A representación da Bela Dormente a través da indumentaria
(col. Rúa do Sol 4)

En euseino.org
Teoría do azul (artigo, 16 de xullo de 2015)
A materia do azul (artigo, 3 de agosto de 2015)
Azul Parrish (artigo, 15 de agosto de 2015)
O azul morpho, a cor tímbrica das feras (artigo, 15 de agosto de 2016)
A modernización do contexto: as novas ‘imageries’ nos contos de fadas (artigo, 11 de decembro de 2016).
O azul Klein, o absoluto visible (artigo, 8 de novembro de 2017).

Participou no Encontro arredor de Mondas coa intervención A semántica das mondas.

Deixar un comentario