Quizais – Filosofía ético-política do porvir

Cuberta+lombo

 

 

 

ISBN 978-84-616-9291-0

Col. Casabranca 3
1ª edición, 1ª impresión: marzo de 2014

185 x 135 mm
Rústica con lapelas
156 páxs.
PVP 9 euros



Mercar

Quizais – Compra con tarxeta

Mérqueo coa súa tarxeta de crédito e pagamento seguro a través de Paypal sen necesidade de darse de alta nesta plataforma de pago. Gastos de envío (Galicia e Estado español): 1,90 euros (IVE incluído). Para envíos ao resto de Europa e outras partes do mundo, véxase máis abaixo a ligazón “Na internet”.

€10,90


Na internet

(gastos de envío gratuítos para subscritores da Carta de Información)

Na librería


A consecuencia política da aplicación do que Derrida chama a lóxica do quizais é a deconstrución da democracia. Pois é no interior inestábel deste concepto que camiña desde Grecia onde o quizais atopa o seu lugar de actuación.
Neste libro, que é ao tempo pregunta e afirmación, o filósofo Delmiro Rocha traza o mapa sísmico dese pensamento, elabora unha achega de nidia exposición —precisa e así e todo suxestiva— do que produce o máis grande de todos os cambios, o cambio de chan, de asentamento, o do terreo sobre o cal se levantan as ideas que gobernan o mundo.
Abandónase, dunha vez por todas, a esperanza de establecer un número determinado de dogmas seguros e fiábeis polos cales circular. O quizais inxecta un pouso de inseguridade no pensamento do porvir e do acontecemento. Cómpre, entón, pensar o quizais para pensar o porvir, para falar del e, no seu ton máis político, para dirixirnos cara a el.
Índice: I. De entrada .— II. Quizais: nome? Adverbio?— III. Quizais e indecidibilidade, responsabilidade, decisión.— IV. Peut-être/bébaios. O tempo dunha democracia por vir.— Bibliografía citada.— Bibliografía consultada.— Nota dos editores.



A opinión da crítica

Entrevista con Montse Dopico: “Como promesa a democracia non chegará nunca, ficará sempre como porvir“, en Praza pública (19 de outubro, 2014).
Velaquí o extracto dunha das respostas do autor de Quizais:
“O obxectivo consistía en investigar o proceso de substantivación do adverbio “quizais” no tramo de pensamento que discorre de Nietzsche a Derrida coa intención de desvelar como determinaba o pensamento ético-político de Derrida. Como adoita acontecer nestes casos, máis que chegar a unha conclusión definitiva abriuse para min unha forma de ler a Derrida que non se detiña nos terreos máis ou menos delimitados do ético-político senón que se estendía á obra enteira do filósofo e as súas inmediacións. Ao final, pasaron xa uns anos, converteuse nun xeito de ler a filosofía, por suposto, pero tamén a literatura, un filme, os medios de comunicación, a mirada, en definitiva, do outro que nos observa e nos fiscaliza.”

Tabela dos libros en Criticalia: xuño de 2014.

tabela_san_xoan_2014

 

 

 

 

 

 

 

 

Tabela dos libros en Criticaliamaio de 2014.

Tabela dos libros-maio-2014

 

Unha opinión sobre “Quizais – Filosofía ético-política do porvir

  1. Pingback: Delmiro Rocha: “Como promesa a democracia non chegará nunca, ficará sempre por vir” | ::Axenda cultural AELG::

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s