O obxecto muller e o xiro ontolóxico

ISBN 978-84-121580-6-9

Col. Casabranca 12
1ª edición, 1ª impresión: novembro de 2021
1ª edición, 2ª impresión: xullo de 2022
1ª edición, 3ª impresión: xullo de 2023

185 x 135 mm
Rústica con lapelas
168 páxs.
PVP 15 euros [14,40 + 4% IVE]


O obxecto muller e o xiro ontolóxico – Compra con tarxeta

Mérqueo coa súa tarxeta de crédito e pagamento seguro a través de Paypal sen necesidade de darse de alta nesta plataforma de pago. Gastos de envío (Galicia e Estado español): 1,90 euros (IVE incluído). Para envíos ao resto de Europa e outras partes do mundo, véxase máis abaixo a ligazón “Na internet”.

16,90 €


Mercar


Na internet
(gastos de envío gratuítos para subscritores da Carta de Información)

Na librería


A cuestión de xénero é un dos interrogantes aos que a filosofía feminista intenta responder desde os seus inicios. ¿Que é unha muller e que implica esta determinación inicial? ¿Pódese revogar ou é unha natureza inemendable? Neste libro absolutamente anovador, no que se elabora unha concepción teórica senlleira e fundacional, Inma Otero Varela responde cunha argumentación limpa, firme e rigorosa.

Para contestar esas preguntas, a autora parte do xiro que o realismo especulativo, ou o novo realismo, deu na filosofía contemporánea. Pensar unha ontoloxía plana na que a relación de dependencia entre suxeito e obxecto desaparece ao deixar de ser a exclusiva forma de acceder ao senso, de existir. O suxeito, desta volta a muller, é un obxecto máis do mundo, ou dos mundos, dos campos de senso. Xa non hai un senso único, unha determinación necesaria e primeira, senón que son os obxectos os que, nas súas relacións, crean campos de senso continxentes e independentes. O campo de senso de xénero é un deles. E como tal é modificable, emendable. O obxecto muller xa non é o obxecto muller-obxecto; a muller non é un corpo. Ser muller non é unha natureza, é un xeito de representación que emerxe, se inscribe e accede ao seu propio senso. Existe sen condición.


Índice: 9, Introdución — 17, Cap. 1. O novo realismo de Maurizio Ferraris – 17, O xurdimento dunha nova ontoloxía – 20, Obxectos naturais, obxectos sociais e obxectos ideais – 25, A inscrición e a emerxencia dos obxectos – 32, O obxecto humano — 41, Cap. 2. O pluralismo ontolóxico de Markus Gabriel – 41, Ontoloxía sen mundo – 45, Os campos de senso – 52, Os campos de senso nos que o obxecto humano é — 55, Cap. 3. Onde ser muller? – 69, O xénero como campo de senso – 73, O obxecto muller dentro do campo de senso do xénero — 79, Cap. 4. As propiedades do obxecto muller que é – 79, As propiedades do obxecto muller – 87, As propiedades corporais – 92, As propiedades que imprime a arquiescritura – 100, As propiedades documentais — 109, Cap. 5. As regras de ordenación do campo de xénero – 109, A propiedade documental como senso director – 115, A plasticidade do campo de xénero: plasticidade do campo de xénero: tensión entre emendabilidade e inemendabilidade – 124, A mutación das inscricións ou como se reflicte a variación de campo nas propiedades dos obxectos —133, Cap. 6. O obxecto muller-obxecto e o obxecto muller. Dúas realidades diferentes — 143, Conclusión. Igualdade ontolóxica dos obxectos. O ser muller como obxecto autónomo — 157, Bibliografía


A opinión da crítica

A propósito de O obxecto muller e o xiro ontolóxico e Máis a propósito de O obxecto muller e o xiro ontolóxico, por X. M. Eyré, en Ferradura en Tránsito II, 8 e 25 de febreiro de 2022.