Anotacións nº 6: “A ficcionalización do eu: autoría e protagonismo das mulleres na literatura”, de Inma Otero Varela

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 6, setembro de 2014
Inma Otero Varela, “A ficcionalización do eu: autoría e protagonismo das mulleres na literatura”

Cuberta+lomboA crítica literaria Inma Otero Varela leva a cabo neste ensaio unha análise da elaboración do eu mediante a literatura e, fundamentalmente, da achega realizada polas escritoras. O cuestionamento do suxeito, desenvolvido polo feminismo contemporáneo, coloca a este pensamento e á literatura de hogano nunha situación excepcional para propoñer unha nova concepción do eu a partir da reformulación do “eu muller”. Esa relectura do eu basearíase nunha nova consideración do individuo. Tras a disgregación absoluta do eu, relegado no postestruturalismo a un segundo plano polo poder do «outro», recuperaríase a relevancia do suxeito como un «continuo» en proceso permanente de transformación, unha mínima base estable con capacidade de metamorfose: o suxeito múltiple.

Para iso, a literatura debe eliminar compartimentos: “É ben coñecido que os sintagmas ‘literatura feminina’ ou ‘literatura de muller’, atribuídos aos textos publicados por autoras, martelan en escritoras e críticas. Máis alá de funcionar como etiqueta publicitaria ou clasificadora, o rótulo oculta a pregunta antropolóxica ‘Que debe escribir unha muller?’ e, se damos un paso máis, a pregunta ontolóxica ‘Que é ser muller?’. As interrogantes fanse máis avesas ao comprobar que non se formulan aos homes porque se procura, á fin, que as propias mulleres verbalicen os lugares comúns que o patriarcado apón a ese ‘ser muller’.”

A finalidade deste ensaio é, pois, amosar como, nunha etapa na que a identidade persoal se converte na protagonista dos textos, unha personaxe feminina acaba por ser o vehículo idóneo para reflexionar sobre os procesos de construción do suxeito no momento presente.

34 páxs.

Edición non venal en PDF
Descarga gratuíta

 

A opinión da crítica

Tabela dos libros en Criticalianovembro de 2014.
2014_novembro_tabela

 

 

 

 

 

 

 

Entrevista con Montse Dopico: “O feito de que as mulleres publiquen…“, en Praza pública (7 de novembro, 2014).

“Ultimamente apréciase unha volta ás novelas de protagonistas. Non interesa tanto experimentar co discurso, coa estrutura da novela ou coa tipoloxía de narradores, como centrarse na construción dun personaxe conflitivo, probablemente porque cada vez estamos máis obrigados a construírnos como individuos nun mundo onde se multiplican as opcións de “ser” e “estar”. Ao mesmo tempo, asistimos nos medios de comunicación e nas redes sociais á exposición da vida privada e dos sentimentos, probablemente porque se considera que son as emocións as que nos fan seres máis humanos e únicos, á vez que nos axudarían a empatizar cos outros. A literatura non faría máis que recoller o que se produce fóra dela.”

Armando Requeixo, en Criticalia (21 de outubro de 2014): “A ficcionalización do eu muller“:
“Con independencia da centralidade única que Otero Varela concede á muller facéndoa protagonista primeira dunha actualidade que se reinventa constantemente nesa ficcionalización do eu mutable (aquí os teóricos doutros discursos xenéricos queer e negacionistas terían moito que discutir), non cabe dúbida de que este ensaio é unha contribución máis que suxestiva, que se abre ao diálogo construtivo e á revisitación de lugares comúns para superalos.”

2 thoughts on “Anotacións nº 6: “A ficcionalización do eu: autoría e protagonismo das mulleres na literatura”, de Inma Otero Varela

  1. Pingback: A ficcionalización do eu: autoría e protagonismo das mulleres na literatura, por Inma Otero Varela | ::Axenda cultural AELG::

  2. Pingback: Inma Otero Varela: “O feito de que as mulleres publiquen aínda se vía, ou se ve, como unha anomalía, un exotismo” | ::Axenda cultural AELG::

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s