Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré (A Laxe, Chantada, 1960) é escritor e crítico literario. Nos seus inicios, colaborou na revista Ólisbos. Desde 1988, comezou a publicar crítica literaria en A Nosa Terra ata a súa desaparición. Coordinou a 1ª edición do Certame Mundanal de Contos Ultralixeiros. Actualmente escribe e mantén un dos blogues fundamentais para a crítica literaria galega, Ferradura en tránsito II.

É autor dos libros Constelación de Ío (Editorial Galaxia, 2005) e Nin che conto. Para coñecer e gozar a micronarrativa (Xerais, 2009). Tamén realizou a Antoloxía da narrativa actual. I e II (AS-PG, A Nosa Terra, 1997).

En euseino.org
Decálogo da crítica literaria. Como acadar a imperfección para albiscar a perfeccióneuseino.org, 30 de agosto de 2021