Anotacións nº 4: “Elementos para unha teoría da potencia destituínte”, de Giorgio Agamben

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 4, marzo de 2014
Giorgio Agamben, “Elementos para unha teoría da potencia destituínte”

Cuberta-Elementos para unha teoría…-peq

Baseado nunha conferencia pronunciada en Francia no verán de 2013, neste ensaio o autor de Homo sacer desenvolve e clarifica a súa concepción da política e, en particular, a noción de potencia destituínte. En contraste cos intentos de defender un poder constituínte independente da súa relación co poder constituído, posición que para Agamben reproduce a estrutura gobernamental da excepción á vez que representa o cumio da metafísica, a potencia destituínte perfila un pensamento que desactiva o paradigma insituído da exclusión inclusiva, o arkhé fundacional do pensamento occidental moderno.

Ao cabo, Agamben xa non se conforma con apuntar cara a un Ingobernable utópico senón que elabora unha nova teoría do suxeito e, consecuentemente, unha nova teoría da acción: a dunha inoperatividade que non é inercia senón abertura ao posible, a dun ser humano vivente liberado de todo destino biolóxico ou social e de todo obxectivo predeterminado, un ser humano dispoñible para a particular ausencia de obra que estamos habituados a chamar «política» e «arte».

Traducido do italiano por Carlos Lema
Notas de Stephanie Wakefield

48 páxs.
Edición non venal en PDF
Descarga gratuíta

 


Apoie as publicacións en acceso aberto.

A Fundación Euseino?, unha organización non lucrativa independente,
agradece a súa contribución.


SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

 

 

Deixar un comentario