Emerxencia

 

Traducido do italiano
por Inma Otero Varela.

ISBN 978-84-945621-6-7

Col. Casabranca 8
1ª edición, 1ª impresión: decembro de 2017

185 x 135 mm
Rústica con lapelas
222 páxs.
PVP 12 euros [11,52 + 4% IVE]

 



Mercar

Emerxencia – Compra con tarxeta

Mérqueo coa súa tarxeta de crédito e pagamento seguro a través de Paypal sen necesidade de darse de alta nesta plataforma de pago. Gastos de envío (Galicia e Estado español): 1,90 euros (IVE incluído). Para envíos ao resto de Europa e outras partes do mundo, véxase máis abaixo a ligazón “Na internet”.

€13,90


Na internet

(gastos de envío gratuítos para subscritores da Carta de Información)

Na librería


Na base da realidade está o rexistro e, polo tanto, a memoria: unha memoria que é sobre todo material, como evidencian os cráteres que deixaron os meteoritos e as cicatrices indelebles da pel. De igual xeito, hai continuidade entre a pasividade da percepción e a actividade do pensamento, de aí que o pensamento e o seu significado xurdan da realidade material: suceden, non preceden, os acontecementos.

Ese é o asunto central do libro de Maurizio Ferraris. O título xoga coa irónica ambigüidade do termo: a emerxencia evoca a urxente necesidade da filosofía contemporánea de arranxar as contas coa Realidade; mais emerxencia tamén é a definición do que “emerxe”, de como chegan a existir os individuos e os acontecementos reais. Cunha linguaxe creativa e con argumentos irónicos e concluentes, Maurizio Ferraris conta unha historia diferente e verdadeiramente revolucionaria. A realidade, e o pensamento que a coñece, proveñen do mundo a través de procesos e explosións, colisións, interaccións, resistencias e alteridades que non deixan de sorprendernos. Do Big Band ás térmites, da Web á responsabilidade moral, todo o que o mundo nos dá (ou sexa, todo aquilo que é) emerxe independentemente do Eu e da súa claustrofobia.

*  *  *

Índice: 9, Prólogo. Saír á luz — 19, Ontoloxía: 22, Realidade e verdade; 24, Fenómenos e noúmenos; 25, Ética e ontoloxía; 26, Falacia transcendental – 29, 1. 13.700.000.000 a. C. Rexistro; 29, Big Bang; 30, Antigüidade indeterminada; 33, Materia e memoria; 37, Inscrición, iteración, alteración; 43, Realismo transcendental – 49, 2. 10-6 segundos despois do Big Bang. Individuos; 49, Gluóns; 51, Exterioridade; 54, Inemendabilidade; 57, Cuadrimensionalidade — 63, Epistemoloxía: 65, Significado pentecostal; 67, Significado emerxencial; 67, Icnoloxía; 69 – 1. 540.000.000 a. C. Dirección; 69, Trilobites; 70, Inscrición; 72, Fenomenoloxía; 75, Direccionalidade; 78, Interacción; 79, Fixación; 80, Envite – 85, 2. 120.000.000 a. C. Iteración; 85, Térmites; 86, Tecnoloxía; 87, Representación: historía; 91, Exemplificación: mythos; 96, Abstracción: lógos – 99, 3. 120.000 a. C. Significado; 99, Pirámides; 100, Alteración: itara; 102, Documentalidade; 106, Intencionalidade; 113, Responsabilidade; 118, Finalidade — 123, Política – 131, 1. 1781 d. C. Fariseísmo; 131, Foukant; 132, Default-idealismo; 140, Titanismo; 143, Culturalismo – 149, 2. 18 de febreiro de 1943. Servidume voluntaria; 149, Goebbels; 150, Alienación; 155, Revelación; 157, Submisión; 164, Emancipación – 171, 3. 7 de marzo de 1943. Acción exemplar; 171, Pešev; 173, Ahab; 176, Hamlet; 177, Eternit; 181, Katékhon — 187, Notas



A opinión da crítica

Xosé Manuel Eyré en Ferradura en tránsito II, “Crítica de Emerxencia. Filosofía emerxencial”, 25 de abril, 2018

“Maurizio Ferraris, un dos principais filósofos europeos, realiza unha posta a punto de filosofía emerxencial nesta obra de 2016, que conta con versión galega antes que castelá. Desde o punto de vista realista propón un emerxentismo metafísico baseándose nun empirismo transcendental e estuda a filosofía trascendental na ontoloxía, na epistemoloxía e na política, que son os tres apartados nos que organiza o libro.”

 

Xosé Manuel Eyré en Ferradura en tránsito II, Subliñados de Emerxencia, 26 de abril, 2018

 

SaveSaveSaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSaveSaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave