Anotacións nº 19: “O fracaso da Intelixencia Artificial computacionalista. A posibilidade dunha concepción corporal da cognición”, por Miguel Penas

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 19, setembro de 2018
Miguel Penas, O fracaso da Intelixencia Artificial computacionalista. A posibilidade dunha concepción corporal da cognición

O obxectivo do artigo é ofrecer, desde unha perspectiva filosófica,

“unha explicación do fracaso das aspiracións presentes na Intelixencia Artificial e amosar que as causas dese fracaso, que se poden resumir nunha certa concepción da intelixencia que guiou a IA durante décadas, tentan ser superadas por un novo paradigma xurdido no seo das ciencias cognitivas. Este novo paradigma tenta levar a cabo o proxecto da IA dende uns presupostos radicalmente diferentes. Rexeitando a vella idea computacionalista de que é posible crear mentes sen corpo, presente aínda en boa parte dos achegamentos actuais á IA, asistiremos ao nacemento dunha nova concepción na que a mente, o corpo e a súa relación co ambiente aparecen como inseparables”.

Desde o século XIX, estamos a falar dunha metafísica asentada nunha división entre o suxeito e o obxecto e nunha comprensión intelectualista do suxeito, cunha xerarquía que somete o mundo á súa relación exclusiva co pensamento.

“o proceso da actividade intelixente non consiste nunha descomposición da realidade en unidades ás que lles atribuímos unha representación simbólica para poder realizar cálculos por medio dos cales obteriamos a resposta desexada, é dicir, a actividade buscada. Ou, mellor dito, a actividade intelixente non pode ser reducida comple­tamente a ese proceso. Os procesos intelectuais abstractos, desligados da interacción física co ambiente, xogan un certo papel nas tarefas cognitivas e poden ser máis ou menos prominentes segundo a natureza da tarefa. Pero esas tarefas cognitivas non se poden desligar da nosa constitución como seres biolóxicos cunhas necesidades e obxectivos.”

O artigo de Miguel Penas que incluímos neste número de Anotacións sobre literatura e filosofía remata defendendo que a intelixencia non pode ser reducida a operacións sintácticas efectuadas sobre representacións simbólicas do real; malia que certos procesos cognitivos se poden comprender seguindo ese esquema, o que se deixa de lado nel impide acadar unha comprensión integral da intelixencia. De aí que o artigo acabe propoñendo como paradigma unha cognición corporal ou incorporada, unha embodied cognition, que é interesante porque revela o que deixaron de lado os outros paradigmas, entre eles o computacionalista aplicado á Intelixencia Artificial.

 

60 páxs.

Edición non venal en PDF
Descarga gratuíta

Sumario
12, Achegamento histórico á intelixencia artificial — 22, Intelixencia Artificial e filosofía: arredor do concepto de representación — 32, As novas correntes das ciencias cognitivas: embodied e enactive cognition — 35, Suxeitos con corpo: o rexeitamento do intelectualismo — 45, Cognición e emerxencia: unha alternativa ao subxectivismo representacionalista

 


Apoie as publicacións en acceso aberto:

A Fundación Euseino?, unha organización non lucrativa independente,
agradece a súa contribución.


SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

 

 

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave