Urania nº 2

Urania, nº 2, abril de 2022

Chus Pato dialoga con Oriana Méndez sobre “Interna”

Este novo número de Urania recolle unha conversa sobre o poemario Interna entre Chus Pato e a súa autora, a poeta Oriana Méndez. Cincuenta páxinas de diálogo lúcido e profundo entre dúas poetas que nos achegan a unha obra literaria orixinal, á marxe dos usos consensuais, na que o poema se produce como realidade.

Segundo Méndez, “O poema é un transo cara á fin de algo, pero conclúe cun nó de vida. Literalmente: o punto da flor. Aí hai unha posibilidade, unha hipótese de vida”. Cunha extraordinaria capacidade para percibir o case inapreciable, a poeta artella un discurso dialóxico, un raciocinio aparentemente estraviado e por iso mesmo certeiro sobre o que constitúe a materia da supevivencia. En poucas ocasións quen le se enfronta á lucidez expresada coa claridade dunha linguaxe que non só atina senón que ao tempo suxire sen limitar a posibilidade das metáforas e imaxes empregadas nos poemas, máis ben o contrario, ampliándoas na reflexión ao fío das preguntas incisivas, de potencia interpretativa, que lle formula esa poeta pensadora que é Chus Pato.

O poemario Interna obtivo o Premio de Poesía Fundación Galicia Obra Social no ano 2020 e publicouse ese mesmo ano na colección Arte de Trobar do Centro PEN Galicia.

Oriana Méndez (Vigo, 1984) deu antes ao prelo os poemarios Derradeiras conversas co capitán Kraft (Editorial Galaxia, 2007), Cero (Galaxia, 2011) e O que precede a caída é branco (Premio de Poesía Concello de Carral, Espiral Maior, 2015). Ademais de O corazón pronúnciase extenso (Premio de Poesía Concello de Padrón, Espiral Maior, 2019).

48 páxs.

Sumario
Divídese en apartados de extensión variable, numerados de 1 a 9, que seguen os doce poemas e unha “Fin” dos que consta Interna.

Edición non venal en PDF
Descarga gratuíta


Apoie con microdoazóns (desde 1 €)
as publicacións en acceso aberto
coma Urania.

A Fundación Euseino?,
unha organización non lucrativa independente,
agradece a súa contribución.


SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave