Casabranca é a liña editorial que Euseino? dedica á filosofía. Unha colección creada e dirixida por Carlos Lema para difundir e promover a filosofía e o pensamento non dogmático en idioma galego.
Desde 2022, Mario Losada é o seu editor e coordinador.
Termos e condicións das publicacións
Para facilitar o traballo das persoas voluntarias do equipo editorial e preservar a coherencia das diferentes liñas do catálogo de Euseino? Editores, ao acceder á publicación dunha obra (libro, artigo, entrevista, tradución, etc.), as autoras, autores, tradutores e tradutoras aceptan implicitamente os criterios de edición (lingüísticos, tipográficos, etc.) empregados nas publicacións da Fundación Euseino? segundo decisión desta última e agás acordo previo noutro senso.
Títulos publicados
1. Rebeca Baceiredo, A revolución non vai ser televisada
2. Carlos Lema, A música das esferas. Xenealoxía da orde do mundo
3. Delmiro Rocha, Quizais. Filosofía ético-política do porvir
4. Quentin Meillassoux, Tempo sen devir, seguido de “Continxencia e liberdade: unha comparación entre materialismo especulativo e ciencia experimental“, por Anna Longo. Traducidos do inglés e do italiano por Carlos Lema
5. Rebeca Baceiredo, Capitalismo e fascismo. Psico-ontoloxía da escravitude
6. Abraham Rubín, Corpo-circuítos. Máquinas de subxectivación
7. Miguel Penas, Filosofía da individuación
8. Maurizio Ferraris, Emerxencia. Traducido do italiano por Inma Otero Varela.
9. Carlos Lema, A monstruosidade moderna
10. Mario Losada, A orde dos obxectos
11. Brais Arribas, Transhumanismo. Tecnociencias e antropotecnias
12. Inma Otero Varela, O obxecto muller e o xiro ontolóxico
13. Rebeca Baceiredo, Clarice Lispector: intuicións ontolóxicas – Travesías cara á nada