Rebeca Baceiredo (Ourense, 1979) é licenciada en Ciencias da Comunicación e doutora en Filosofía coa tese “Achegas onto-éticas para a liberación do suxeito. Unha aproximación a partir da filosofía de Gilles Deleuze”. Autora das obras O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo (Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2005; Editorial Galaxia, 2006), (repeat to fade) (Estaleiro Editora, 2011) e E meterei a miña Lei no seu peito (narrativa, Estaleiro Editora, 2014), en 2016 publicou o poemario O canto da sibila (Editorial Galaxia) e o ensaio Oiko-nomía do xénero. Relato das clausuras (Axóuxere Editora), aos que seguirían Libro de horas (poesía, Urutau, 2019), Animais de estimação e bestas de companhia e Como não ser, tranquilamente, human@s. Técnica e política da Antiguidade à era neoliberal (ensaio, Através, 2019 e 2021). Ademais do libro de relatos Éxodo (Ápeiron Ediciones, 2020).
Publicado en Euseino?
A revolución non vai ser televisada. Devir imperceptible seguindo a Gilles Deleuze (col. Casabranca 1) Premio de Ensaio da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega 2014.
Capitalismo e fascismo – Psico-ontoloxía da escravitude (col. Casabranca 5)
“Das identidades alternas ás alternativas: saír dos corpos programados“, Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 3, novembro de 2013.
“Funcións sociais, xénero e propiedade”, en “As conferencias da Sorbona. Corpos, propiedade e subxectivación“, Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 8, abril de 2015.
A verdade errada e a representación errante(en acceso aberto; col. Rúa do Sol)
Clarice Lispector: intuicións ontolóxicas – Travesías cara á nada (col. Casabranca 13)
Tamén en Euseino?
Participou no Programa Filosofía nas Bibliotecas 2016 coa conferencia “A construción do xénero e os réximes de propiedade: un relato alternativo”.
Pingback: SoS #3 Desmontando o Amor Romántico – Radio Liverdade