Filosofía nas Bibliotecas
A Fundación Euseino? convocou no mes de maio o Programa “Filosofía nas Bibliotecas“, destinado a colaborar coas bibliotecas públicas na organización de conferencias de filósofas e filósofos galegos. Rematado o prazo de presentación de solicitudes para participar no antedito Programa, xa está confeccionado un calendario de trece conferencias que se realizarán por toda Galicia, de Narón á Guarda e Ribadavia, de Oleiros e A Coruña a Lugo, pasando por Compostela.
A convocatoria foi un suceso grazas ao apoio de todas as bibliotecarias e bibliotecarios do país, da asociación BAMAD Galicia e mais da Asociación Profesional de Bibliotecarios Municipais, que colaboraron co maior dos intereses na difusión do programa de conferencias proposto pola Fundación. Tivemos ademais a fortuna de poder contar coa axuda imprescindible e incondicional das e dos conferenciantes, sen os cales sería imposible levar a cabo o programa. Con este programa, confiamos en poder axudar a difundir o pensamento e, ao tempo, espallar a obra dos nosos pensadores e pensadoras, fomentar o debate e, en conclusión, a concepción non dogmática das ideas.
Queremos rematar estas liñas agradecendo especialmente a Anxos Sumai, escritora e bibliotecaria, o seu asesoramento e entusiasmo, que nos serviron de guía e compaña no desenvolvemento do proxecto. Desde a presidencia da Fundación, queremos agradecer tamén aos membros do Padroado, Beatriz Fraga, Chus Pato e Xosé Monteagudo, o seu apoio e colaboración desinteresada.
Finalmente, sentímonos especialmente orgullosos de poder compartir con vostedes o calendario das trece conferencias.
![Detail of Frances Yates’ reconstruction of Giordano Bruno’s memory wheel from De Umbris Idearum (1582), Warburg Institute]peq](https://euseinoeditores.files.wordpress.com/2016/06/detail-of-frances-yates_-reconstruction-of-giordano-bruno_s-memory-wheel-from-de-umbris-idearum-1582-warburg-institutepeq1.jpg?w=640)
Pormenor da reconstrución feita por Frances Yates da roda da memoria do “De Umbris Idearum” (1582), de Giordano Bruno [Warburg Institute]
Calendario das conferencias 2016
[Pendente de confirmación]
Setembro
Nome da Biblioteca: Biblioteca Pública Municipal da Guarda. Enderezo: Rosalía de Castro, 14, A Guarda. Conferenciante: Miguel Penas: “¿Que facemos cando pensamos? Apuntamentos dende as novas correntes da intelixencia artificial”. Data e hora da conferencia: venres, 30 de setembro de 2016, ás 20 horas.
Outubro
Nome da Biblioteca: Biblioteca Pública de Santiago “Ánxel Casal”. Enderezo: Avda. de Xoán XXIII, s/n. Santiago de Compostela. Conferenciante: Roberto Abuín: “Axeitarse á cerna do —noso— dicir: retallos para un pensar galego”. Data e hora da conferencia: xoves, 6 de outubro de 2016, ás 19.30 horas.
Nome da Biblioteca: Biblioteca Pública de Santiago “Ánxel Casal”. Enderezo: Avda. de Xoán XXIII, s/n. Santiago de Compostela. Conferenciante: Lucía Castro: “Os xeitos do común perante a propiedade e a débeda”. Data e hora da conferencia: xoves, 13 de outubro de 2016, ás 19.30 horas.
Nome da Biblioteca: Biblioteca P. M. Forum Metropolitano. Enderezo: Rúa do Río Monelos, s/n. A Coruña. Conferenciante: Lucía Castro: “Os xeitos do común perante a propiedade e a débeda”. Data e hora da conferencia: mércores, 19 de outubro de 2016, ás 19 horas.
Nome da Biblioteca: Biblioteca Pública de Santiago “Ánxel Casal”. Enderezo: Avda. de Xoán XXIII, s/n. Santiago de Compostela. Conferenciante: Miguel Penas: “¿Que facemos cando pensamos? Apuntamentos dende as novas correntes da intelixencia artificial”. Data e hora da conferencia: xoves, 20 de outubro de 2016, ás 19.30 horas.
Nome da Biblioteca: Biblioteca Pública de Lugo. Enderezo: Avda. de Ramón Ferreiro s/n. Lugo. Conferenciante: Brais Arribas: “Deixar ser a diferenza: a potencia política da identidade feble”. Data e hora da conferencia: luns, 24 de outubro de 2016, ás 19:30 h.
Nome da Biblioteca: Biblioteca P. M. Os Rosales. Enderezo: Praza Elíptica 1, 1º. A Coruña. Conferenciante: Abraham Rubín: “Com-partir a fractura. Reflexións sobre a construción de comunidades”. Data e hora da conferencia: mércores, 26 de outubro de 2016, ás 19 horas.
Nome da Biblioteca: Biblioteca Pública de Santiago “Ánxel Casal”. Enderezo: Avda. de Xoán XXIII, s/n. Santiago de Compostela. Conferenciante: Abraham Rubín: “Com-partir a fractura. Reflexións sobre a construción de comunidades”. Data e hora da conferencia: xoves, 27 de outubro de 2016, ás 19.30 horas.
Novembro
Nome da Biblioteca: Biblioteca Pública de Santiago “Ánxel Casal”. Enderezo: Avda. de Xoán XXIII, s/n. Santiago de Compostela. Conferenciante: Rebeca Baceiredo: “A construción do xénero e os réximes de propiedade: un relato alternativo”. Data e hora da conferencia: xoves, 17 de novembro de 2016, ás 19.30 horas.
Nome da Biblioteca: Biblioteca Pública de Lugo. Enderezo: Avda. de Ramón Ferreiro s/n. Conferenciante: Miguel Penas: “¿Que facemos cando pensamos? Apuntamentos dende as novas correntes da intelixencia artificial”. Data e hora da conferencia: xoves, 17 de novembro de 2016, ás 19:30 h.
Nome da Biblioteca: Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia. Enderezo: Avda. de Redondela 1. Ribadavia. Conferenciante: Miguel Penas: “¿Que facemos cando pensamos? Apuntamentos dende as novas correntes da intelixencia artificial”. Data e hora da conferencia: martes, 22 de novembro de 2016, ás 16 horas.
Nome da Biblioteca: Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. Enderezo: Centro Cultural As Torres. Rúa de Emilia Pardo Bazán 17, Santa Cruz, Liáns (Oleiros). Conferenciante: Rebeca Baceiredo: “A construción do xénero e os réximes de propiedade: un relato alternativo”. Data e hora da conferencia: xoves, 24 de novembro de 2016 ás 19 horas.
Nome da Biblioteca: Biblioteca Pública Municipal de Narón. Enderezo: Rúa do 25 de xullo, s/n. Narón. Conferenciante: Rebeca Baceiredo: “A construción do xénero e os réximes de propiedade: un relato alternativo”. Data e hora da conferencia: venres, 25 de novembro de 2016, ás 19:00 h.