Óscar Pazos (Vigo, 1967) é xeólogo. Traballou en xeoloxía mariña, medio ambiente e xeotecnia. Actualmente dedícase á xeofísica de resistividade —principalmente para arqueoloxía— e traballa na recuperación da minería galaico-romana, sobre a que publicou A invención da Gallaecia e a minaría do ouro (Aterra Libros, 2018). Ese mesmo ano editou o primeiro caderno de El Discurso y el Número, onde investiga os discursos vencellados a cifras significativas. O terceiro e de momento último destes cadernos, titulado “A herdanza” está dedicado aos diferenciais de violencia entre Galicia e América.
Como ensaísta, tamén é autor do libro Madrid es una isla (Ediciones del Lince, 2013)
En euseino.org
“Tempo inerte” , euseino.org, 24 de agosto de 2021
“O tempo e a forma no antropoceno”, euseino.org, 13 de outubro de 2022