Club de Escritura

Dirixido por
Xosé Monteagudo


A situación na que vive toda persoa que escribe pero aínda non acadou unha difusión pública para a súa obra é sempre complexa. Por unha banda, está convencida de que posúe capacidade para escribir ficción narrativa e sente que facelo é unha das súas maiores arelas. Por outra, non pode deixar de pensar que precisaría de alguén, fóra do seu círculo máis próximo de relacións, capaz de analizar e valorar o que escribe, con imparcialidade e desde un punto de vista literario. Entre a paixón persoal e a carencia desa análise externa, desenvólvese o seu labor literario. 

Conscientes dese feito, no LapLit da Fundación Euseino? poñemos en funcionamento este Club de Escritura. Un lugar de encontro para as persoas que escriben narrativa de ficción, onde os orixinais se comparten con outras persoas en situación similar e con idénticos intereses. Ao mesmo tempo, o escritor Xosé Monteagudo lerá todos os traballos para ofrecer unha análise narrativa rigorosa e fornecer a quen escribiu cada un deles suxestións que lle permitan aproveitar todo o seu potencial literario. 

Partindo de experiencias anteriores, o Club de Escritura basea o seu funcionamento na relación que, en grupos reducidos, se establece entre os participantes. En procura dun proceso de escritura baseado na práctica e nunha aprendizaxe dinámica e motivadora dos recursos literarios.


O Club de Escritura funcionará durante todo o ano agás os meses de xullo e agosto. As súas actividades iniciáronse en setembro de 2022 coa temporada que rematou en xuño de 2023.

A nova temporada 2023-2024 iniciouse en setembro de 2023.

Lugar das xuntanzas: sede da Fundación Euseino? na rúa de México 37 de Vigo: ver no mapa.

Solicitar información sobre o
Club de Escritura

Calquera persoa interesada, pode solicitar máis información sobre
o Club de Escritura e como participar nel.

Só hai que cubrir un formulario sinxelo para