Apoie e participe nas actividades de Euseino? Social
Euseino? Social é un lugar de encontro para persoas interesadas na escritura, a lectura e o pensamento. Cada vez que vostede abre un correo electrónico de Euseino?, le un ensaio publicado en acceso aberto en Anotacións sobre literatura e filosofía, colle un libro da colección Casabranca ou un percorre un álbum de Onocrótalo, está a facerlle sitio á literatura e ao pensamento en galego. Por ese motivo, quedámoslle moi agradecidos. Infórmese agora das novas formas de apoiar o labor de Euseino?
Ademais da subscrición gratuíta á Carta de Información mensual e acceder ao fondo de artigos e libros electrónicos de euseino.org, agora poderá participar nos coloquios, cursos de escritura, conferencias e presentacións organizados por Euseino? Social na sede da Fundación Euseino? en Vigo e por videoconferencia. Tamén se pode beneficiar de condicións especiais para consultar e asesorarse no Gabinete de Orixinais, onde podemos axudar a preparar os seus proxectos literarios de cara á súa presentación a editoriais e premios.
Se vostede desexa apoiar a organización de actividades e publicacións pode formar parte da membresía de Euseino? Social. Temos catro graos de afiliación:
1) Persoa subscritora.
- Con acceso preferente e gratuíto ás actividades.
- Desconto do 15% (en prelanzamento) das publicacións.
- Desconto dun 10% e gastos de envío gratuítos (dentro do Estado español) para compra en liña.
- Bonificación do 10% en cursos de escritura e en asesoramento literario e preparación de orixinais.
Doazón de 2 euros ao mes.
Doazón de 20 euros ao ano (con bonificación de 4 euros incluída).
Dual (para dúas persoas en achega única de duración anual): 30 euros.
2) Persoa colaboradora.
- Con acceso preferente e gratuíto ás actividades.
- Desconto do 20 % (en prelanzamento) das publicacións.
- Desconto dun 10% e gastos de envío gratuítos (dentro do Estado español) para compra en liña.
- Bonificación do 20 % en cursos de escritura e en asesoramento literario e preparación de orixinais.
- Acceso inmediato, con chave persoal e durante seis meses, ao repositorio dixital do Arquivo Euseino?
- Agasallo dun Caderno de Campo (120 páxinas para anotacións) da Papelería Euseino?
Doazón de 4 euros ao mes.
Achega de 40 euros ao ano (con bonificación de 8 euros incluída).
Dual (para dúas persoas en achega única de duración anual): 70 euros.
3) Persoa benefactora.
- Acceso preferente (primeira fila) e gratuíto ás actividades.
- Desconto do 20 % (en prelanzamento) das publicacións.
- Desconto dun 10% e gastos de envío gratuítos (dentro do Estado español) para compra en liña.
- Bonificación do 25 % en cursos de escritura e en asesoramento literario e preparación de orixinais.
- Acceso inmediato, con chave persoal e durante un ano, ao repositorio dixital do Arquivo Euseino?
- Agasallo de 2 Cadernos de Campo (de 120 páxinas para anotacións cada un) da Papelería Euseino?
- Convite para asistir aos Cafés de Escritura. Unha xuntanza ao semestre para conversar arredor dun café cunha autora ou autor, cun editor ou un crítico literario, na sede da Fundación Euseino? Participación limitada a 3 persoas convidadas por encontro.
Doazón de 6 euros ao mes.
Achega de 60 euros ao ano (bonificación de 12 euros incluída).
Dual (para dúas persoas en achega única de duración anual): 90 euros.
4) Persoa benefactora de honra.
- Acceso gratuíto e preferente a todas as actividades e servizos, incluídos o Gabinete de asesoramento e edición de Orixinais (2 orixinais máximo por ano) e os Cafés de Escritura.
- Ha recibir todas as novidades publicadas por Euseino? Editores gratuitamente (para envíos dentro do Estado español) e dedicadas de xeito personalizado polas súas autoras ou autores.
- Acceso inmediato, con chave persoal e sen limitación de tempo, ao repositorio dixital do Arquivo Euseino?
- Agasallo da colección completa dos Cadernos de campo (catro cadernos).
Doazón de 150 euros* ao ano ou cantidade superior a vontade. Este grao de membresía inclúe o uso dual.
* As doazóns de 150 euros e menores son deducibles do IRPF nun 80% (de 150 euros é posible deducir 120, polo que o custo para a persoa doadora queda en 30 euros). Todos os graos de membresía de Euseino? Social considéranse unha doazón a unha organización non lucrativa, polo que é deducible fiscalmente na declaración da renda das persoas físicas.
Vostede pode, se o desexa, agasallar con calquera modalidade de membresía a outra persoa, como un xeito de complicidade literaria.
Ou pode facer unha doazón, grande ou pequena.
Doazóns
A doazón de calquera cantidade,* grande ou pequena, dá pulo ao labor de publicación de Euseino? Editores e euseino.org, ademais de axudar á organización de actos culturais. Se apoiar un lugar para o pensamento e a literatura en galego é algo importante para vostede, considere facer unha doazón á Fundación Euseino?. Apoia así unha liña de publicacións dedicada á filosofía e á literatura non comercial, un arquivo de documentación autorial e un lugar para actividades e coloquios, para a escritura e a independencia de criterio.
Euseino? Editores, euseino.org, Arquivo Euseino? e Euseino? Social forman parte da Fundación Euseino?, unha organización non lucrativa independente que se sostén unicamente co apoio de benefactores, colaboradores e voluntarios. A súa independencia está garantida pola completa autonomía económica respecto de calquera institución ou organismo gobernanental.
Fai unha doazón única
Fai unha doazón mensual
Fai unha doazón anual
Choose an amount
Or enter a custom amount
Agradécese a túa contribución.
Agradécese a túa contribución.
Agradécese a túa contribución.
DoarDoar mensualmenteDoar anualmente* As doazóns de 150 euros e menores son deducibles do IRPF nun 80% (de 150 euros é posible deducir 120, polo que o custo para a persoa doadora queda en 30 euros). Todos os graos de membresía de Euseino? Social considéranse unha doazón a unha organización non lucrativa, polo que é deducible fiscalmente na declaración da renda das persoas físicas.