Gabinete de Orixinais (GabOr)

Consultoría e edición literarias

Un servizo para persoas que escriben orixinais literarios (narrativa, poesía, ensaio, teatro), dedicado a asesoría e preparación de orixinais de cara á súa presentación a editoriais, a premios ou á súa publicación.


  • Informe de lectura. Con asesoramento dun lector profesional sobre o seu orixinal.

Informe completo e honesto sobre cada un dos aspectos do seu orixinal (acabado ou sen rematar) para axudar a definir os aspectos febles ou para completalo nas súas carencias.

Narrativa: argumento, personaxes, desenvolvemento, recursos narrativos (positivos e defectivos), uso da orixinalidade e da convención, estilo (clixés estilísticos, puntos fortes). Avaliación final e conclusión.

Poesía: organización e estrutura do poemario, recursos poéticos (dicción, ritmo, ton), recursos estilísticos (figuras literarias, aliteración, selección léxica), grao de orixinalidade e elaboración dunha poética propia. Avaliación final e conclusión.

Ensaio: adecuación da forma de exposición ao tema, argumentación e organización das ideas, estrutura e finalidade, uso da cita e aproveitamento dos conceptos, presenza ou ausencia de ideas novas. Avaliación final e conclusión.

Teatro: tipoloxía, recursos dialóxicos e recursos escénicos, personaxes, deselvolvemento e dramaturxia, escritura e posta en escena. Avaliación final e conclusión.


  • Preparación de orixinais e edición.

Revisión da organización do material literario. Con proposta de novos desenvolvementos ou modificacións do existente se fose preciso.

Proposta de modificacións: nivel de organización, nivel de recursos literarios e estilo, nivel de títulos, nome de personaxes, lugares, etc.

Corrección ou modificación do punto de vista (en narrativa), da poética implícita (en poesía).

Proposta de supresións de partes do orixinal e suxestión de engádegas, desenvolvemento de partes existentes e reescritura.



Tarifas

Os límites de caracteres que se indican son orientativos, unha aproximación excesiva a eses límites ha implicar a aplicación da tarifa inmediatamente superior.

  • Tarifas para orixinais de narrativa e ensaio

Informe de lectura

  • Menos de 100.000 caracteres con espazos: 100 euros
  • De 100.000 a 200.000 caracteres con espazos: 200 euros
  • De 200.000 a 300.000 caracteres con espazos: 280 euros
  • De 300.000 a 400.000 caracteres con espazos: 360 euros
  • De 400.000 a 600.000 caracteres con espazos: 480 euros
  • Máis de 600.000 caracteres con espazos: previo orzamento

Preparación de orixinal

  • Menos de 100.000 caracteres con espazos: 300 euros
  • Extensión superior: previo orzamento

  • Tarifas para orixinais de poesía

Informe de lectura poesía

  • Menos de 200 versos: 160 euros
  • De 200 a 300 versos: 260 euros
  • De 300 a 500 versos: 300 euros
  • Máis de 500 versos: previo orzamento

Preparación de orixinal poesía

  • Hase realizar orzamento previo.

  • Tarifas para orixinais de teatro

Informe de lectura teatro

  • Hase realizar orzamento previo.

Preparación de orixinal teatro

  • Hase realizar orzamento previo.

Formulario de consulta