Xosé Monteagudo

Xosé Monteagudo (Moraña, 1965), alén da súa faceta como narrador, imparte obradoiros literarios sobre narrativa e exerce a crítica literaria na revista Grial. É autor das novelas As voces da noticia (Galaxia, 2002), Esta historia (Galaxia, 2006), Un tipo listo (Galaxia, 2009), O curioso mundo das persoas normais (Galaxia,2012), Todo canto fomos (Galaxia, 2016) e Eternity (Galaxia, 2021).

Obtivo o accésit no Premio Modesto R. Figueiredo en 2001 con O engado do triángulo; o Premio Blanco Amor no 2002 con As voces da noticia e o Premio García Barros no 2009 con Un tipo listo. En 2017, por Todo canto fomos, recibiu o Premio Gala do Libro e o Premio San Clemente e en 2021 o Premio Repsol de Narrativa Breve por Eternity. A novela Vémonos mañá (Edicións Xerais, 2023) confirma a súa obra coma a dun escritor auténtico, que sabe narrar sen perder de vista a ambición literaria da novela moderna.

Forma parte, como secretario, do Padroado da Fundación Euseino? É o coordinador xeral do Laboratorio de Produción Literaria, no que tamén dirixe o Gabinete de Narrativa e o Club de Escritura.

En euseino.org
“A ficción narrativa na literatura actual: da escritura á lectura”, Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 14, novembro de 2016.

“Decálogo da novela. A novela como forma de vida”, euseino.org, 1 de outubro de 2020

“Narrativas XXI: o novo paradigma. Cara a unha renovación da materia literaria”, euseino.org, 6 de setembro de 2022