Antón Riveiro Coello

Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964), novelista. Publicou, en 1999, A quinta de Saler (Editorial Galaxia), coa que foi finalista do Premio Torrente Ballester. Con As rulas de Bakunin (Galaxia, 2000) obtivo o Premio García Barros de novela e con Homónima (Galaxia, 2001) o Premio Álvaro Cunqueiro. Entre as súas obras, cómpre salientar A esfinxe de amaranto (novela, Galaxia, 2003), Casas Baratas (relatos, Galaxia, 2005), Limaiaé (poesía, Centro de Cultura Popular do Limia, 2005), Os ollos de K (novela, Galaxia, 2007), Laura no deserto (novela, Galaxia, 2011) coa que obtivo o Premio da Crítica española e o Premio de Narrativa da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, Acordes náufragos (relatos, Galaxia, 2013), Os elefantes de Sokúrov (novela, Galaxia, 2015), A ferida do vento (novela, Galaxia, 2016, Premio Frei Martín Sarmiento), Á sombra dos bonsais (relatos, Galaxia, 2017) e O paraíso dos inocentes (Galaxia, 2020), Premio Torrente Ballester de novela.

En euseino.org
“Decálogo da novela. Unha realidade intuída”euseino.org, 14 de abril de 2021