Ben Woodard

Ben Woodard doutorouse en Filosofía no Centro para o Estudo da Teoría e da Crítica da Universidade Western (Ontario, Canadá) no ano 2015. Fixo o mestrado na Escola Europea de Graduación (EGS) e acadou o BFA (Bachelor of Fine Arts) en Estudos de Inglés e de Sexualidade na Universidade de Arizona. A súa obra pescuda na relación entre entre o naturalismo non eliminativo (Schelling, Iain Grant), o idealismo (Schelling, Bradley) e o pragmatismo (Peirce, James). Tamén escribe sobre o nihilismo e o pesimismo, sobre a ficción e o cinema de terror.

O seu primeiro libro é Slime Dynamics: Generation, Mutation and the Creep of Life (ZerO Books, 2012); ao que seguiu On an Ungrounded Earth: Towards a New Geophilosophy (Punctum Books, 2013).

É instrutor asociado no New Centre for Theory and Practice (EUA) e forma parte do LabOnt (Laboratorio para a Ontoloxía, UK). Tamén é membro do colectivo PS de filosofía, con sede no Performing Arts Forum de St. Erme, Francia.

Publicado en Euseino?

“¿Percibindo a percepción?”, euseino.org, 19 de xullo de 2016.

Outras obras do mesmo autor

https://thenewcentre.academia.edu/BenWoodard