Chus Pato (Ourense, 1955), é autora de once poemarios, entre os que cómpre salientar a pentaloxía “Decrúa, antes método”, que inclúe m-Talá (Xerais, 2000; Euseino?, 2020), Charenton (Xerais, 2003), Hordas de escritura (Xerais, 2008), Secesión (Galaxia, 2009) e Carne de leviatán (Galaxia, 2013). O seu último libro publicado é Un libre favor (Galaxia, 2019).
Obtivo o Premio Losada Diéguez no 1997 por Nínive, o Premio da Crítica de poesía galega no 2008 e o Premio Losada Diéguez de Creación Literaria no 2009 por Hordas de escritura.
Vive preto da fraga de Catasós, onde medran cara o ceo os castiñeiros máis altos de Europa.
É membro da Real Academia Galega. Forma parte, como vogal, do Padroado da Fundación Euseino? Dirixe o Gabinete de Poesía do LaPLit.
Publicado en Euseino?
“A mímese arcaica”, Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 11, febreiro de 2016.
m-Talá. Edición do Vixésimo Aniversario (Obra completa, vol. extra)
En euseino.org
“O natal para o poema”
“Os sons dun silabario – O son dunha palabra que nunca escoitei – O son do Stalker”
“Lectura silenciosa”
Urania 1. Chus Pato dialoga con Genaro da Silva sobre “O pintor cego”.
Urania 2. Chus Pato dialoga con Oriana Méndez sobre “Interna”.
Urania 3. Chus Pato dialoga con Xabier Cordal sobre “resistencia da auga”.
Fundación Euseino?
Fondo Chus Pato: os orixinais de m-Talá.