Os Principios xerais para o axeitamento da forma e da cor en Arquitectura e Artes Decorativas, consonte se defende ao longo desta obra son un extracto de Gramática do ornamento, a obra mestra de Owen Jones.
Segundo explica Alberta Costa na “Noticia do autor” coa que se inicia esta versión galega:
“O ornamento, ao ser considerado como linguaxe, presenta morfoloxía e sintaxe propias, constituíndo unha unidade expresiva. A morfoloxía ornamental ocúpase así do estudo da estrutura de cada motivo decorativo, ao que considera de xeito autónomo. A ornamentación é concibida como un conxunto de regras que dan lugar a un patrón (pattern). Nesta especie de enciclopedia visual, Jones establece trinta e sete principios que organizan a forma e cor na Arquitectura e nas Artes Decorativas. Estos principios preceden os 20 capítulos que exploran a gramática do ornamento.”
Índice: Noticia do autor.— Principios xerais … – Sobre a forma en xeral – Decoración da superficie Sobre a proporción – Sobre a harmonía e o contraste – Distribución. Radiación. Continuidade – Sobre a convencionalidade das formas naturais – Sobre as proporcións que orixinan a coloración harmoniosa – Sobre as equivalencias harmoniosas e contrastadas dos tons, sombras e matices – Sobre a posición que as diversas cores deben ocupar – Sobre a lei do contraste simultáneo de cores, segundo Mons. Chevreul – Sobre os medios para incrementar os efectos harmoniosos das cores xustapostas – Sobre as imitacións
Noticia do autor por Alberta Costa
Traducido do inglés por Hadrián Loureiro
Col. Rúa do Sol 1
185 x 135 mm
PDF
36 páxs.
Edición non venal
Para descargar o libro en formato PDF, calque sobre a ligazón seguinte:
Apoie as publicacións en acceso aberto.
A Fundación Euseino?, unha organización non lucrativa independente,
agradece a súa contribución.