Rosa Aneiros

Rosa Aneiros (Meirás, Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. En 1999 deu ao prelo a súa primeira novela, Eu de maior quero ser (Sotelo Blanco, col. doceXvintedous), á que seguiron Corazóns amolecidos en salitre (Laiovento, 2002), Resistencia (Edicións Xerais, 2003, Premio San Clemente), Veu visitarme o mar (Xerais, 2004), Sol de Inverno (Xerais, 2009, Premio Xerais de Novela) e Sibila (Xerais, 2021).

Como autora de literatura infantil e xuvenil, publicou, entre outras obras, Ás de bolboreta (Xerais, 2009, Premio Fundación Caixa Galicia, Premio The White Ravens 2010). En 2013, publica o primeiro título da triloxía «Ámote Leo A.» e, en 2019, Xelís, o guieiro das botellas de mar (Premio Merlín, Xerais 2021).

En euseino.org
“Decálogo da novela. Un diálogo contigo”euseino.org, 15 de xullo de 2021