Diego Ameixeiras

Diego Ameixeiras (Lausana, 1976) é xornalista, escritor e guionista. Publicou as novelas Baixo mínimos (Xerais, 2004) e O cidadán do mes (Xerais, 2006), protagonizadas polo detective Horacio Dopico. Posteriormente, continuaría cultivando o xénero da novela cos títulos Tres segundos de memoria (Premio Xerais de Novela, 2006), Dime algo sucio (Xerais, 2009, Premio Especial de Dirección da Semana Negra de Xixón), Asasinato no Consello Nacional (Xerais, 2010, Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro do Ano), Historias de Oregón (Xerais, 2011, Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia), Todo OK (Xerais, 2012), Matarte lentamente (Xerais, 2013), Conduce rápido (Xerais, 2014, Premio Losada Diéguez de Creación Literaria), A noite enriba (Xerais, 2015), A crueldade de abril (Xerais, 2018) e O cervo e a sombra (Xerais, 2021, Premio da Crítica).

Para o teatro, escribiu as obras O aniversario (2015) e Get Back (2016). Traduciu as novelas policiais de serie negra Colleita vermella, de Dashiell Hammett, e O longo adeus, de Raymond Chandler, ambas as dúas publicadas pola Editorial Hugin e Munin en 2016 e 2019, respectivamente.

En euseino.org
“Decálogo da novela. Unha teoría do inexplicable”, euseino.org, 27 de xullo de 2020

Deixar un comentario