Rubén Salgado

Rubén Salgado (Ourense, 1988) é licenciado en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid. Posteriormente realiza estudos superiores en Xestión e Políticas Culturais na Universidade da Cidade de Londres. Colabora activamente con diversas organizacións sociais e artísticas no Estado español e internacionalmente. Na actualidade traballa no Departamento de Educación e Servizos Públicos do Museo Victoria e Albert (V&A) de Londres, organizando acontecementos públicos inclusivos, diversificando a audiencia e investigando narrativas invisibilizadas nas coleccións do museo.

Publicado en Euseino?

“A detonación estética do común. Explorando a emancipación das prácticas estéticas hexemónicas”Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 12, xuño de 2016.