Chus Pato dialoga con Genaro da Silva sobre “O pintor cego”
O poemario O pintor cego publicouse en edición bilingüe galego-portuguesa no ano 2021 no Porto, na editorial Officium Lectionis, dirixida por José Rui Teixeira. A tradución portuguesa é de Jorge Melícias e José Rui Teixeira. O libro preséntasenos á comunidade lectora en tres zonas: “Lahdnets”, “O pintor cego” e “O medo”. O que publicamos neste número de Urania é unha conversa sobre este poemario entre Chus Pato e o seu autor, o poeta Genaro da Silva.
Genaro da Silva (Mourente, 1980) formouse como entomólogo, é doutor en biodiversidade e ecosistemas. Publicou os libros Mudanzas (2008), Lahnets (Ejemplar Único, 2018), Flor Negra (Chan da Pólvora, 2018) e O pintor cego (Officium Lectionis, 2021). En 2015 editouse o libro-catálogo Esguello, con poemas seus e cadros de Carolina Munáiz.

54 páxs.
Sumario
10, A) Investigación científica e a escritura do poema — 14, B) Tese/Antítese/Sofisma — 17, C) A escritura divídese en dous — 25, D) A paisaxe — 27, O abecedario — 40, O medo.
Edición non venal en PDF
Descarga gratuíta
Apoie con microdoazóns (desde 1 €)
as publicacións en acceso aberto
coma Urania.
A Fundación Euseino?,
unha organización non lucrativa independente,
agradece a súa contribución.