Cecilia F. Santomé

Cecilia F. Santomé (San Simón da Costa, Vilalba, 1984), que editou a revista Coolt, publicación de tendencias pioneira na Internet en galego, é autora das novelas Quérote. Eu tampouco (Edicións Xerais de Galicia, 2019) e Unha rapaza de provincias (Xerais, 2021). En 2017, recibiu o Premio Literario Nortear para a mocidade escritora polo seu relato “34, Rue Saint Jacques”. En 2021, foi recoñecida co 3º premio no Certame de Narracións Breves Manuel Murguía por “As orfas daquel verán”.

Actualmente é editora, como persoa voluntaria, na Fundación Euseino?, onde coordina a sección “A Carta Postal”  da páxina Web euseino.org.

En euseino.org
Decálogo da novela. Elixe a túa aventuraeuseino.org, 21 de abril de 2022.