Rúa do Sol

Rúa do Sol é a colección que Euseino? Editores dedica ao pensamento sobre a representación, as artes e a teoría artística. Música, artes decorativas, pintura, literatura … A colección combina a edición dixital (PDF e libro electrónico) co libro impreso.

Os libros en acceso aberto levan a cor maxenta na cuberta. Unha das catro cores básicas da cuadricromía na imprenta moderna.

Termos e condicións das publicacións
Para facilitar o traballo das persoas voluntarias do equipo editorial e preservar a coherencia das diferentes liñas do catálogo de Euseino? Editores, ao acceder á publicación dunha obra (libro, artigo, entrevista, tradución, etc.), as autoras, autores, tradutores e tradutoras aceptan implicitamente os criterios de edición (lingüísticos, tipográficos, etc.) empregados nas publicacións da Fundación Euseino? segundo decisión desta última e agás acordo previo noutro senso.

Títulos publicados

1. Owen Jones, Principios xerais para o axeitamento da forma e da cor en Arquitectura e Artes Decorativas, consonte se defende ao longo desta obra (extracto de Gramática do ornamento). Traducido do inglés por Hadrián Loureiro. Noticia do autor por Alberta Costa.
[Edición non venal. Acceso aberto. PDF]

2. Quentin Meillassoux, Un Coup de dés, ou a divinización materialista da hipótese. Traducido do francés por Carlos Lema.
[Edición non venal. Acceso aberto. PDF e libro electrónico]

3. Rebeca Baceiredo, A verdade errada e a representación errante
[Edición non venal. Acceso aberto. PDF e libro electrónico]

4. Beatriz Fraga, A representación da Bela Dormente a través da indumentaria. Da pintura prerrafaelita ás “imageries” de Warja Lavater
[Edición non venal. Acceso aberto. PDF e libro electrónico]

5. Antón Blanco Casás, Ensaio sobre o poema e o mar da morte
[Edición non venal. Acceso aberto. PDF e libro electrónico]


Apoie as publicacións en acceso aberto.

A Fundación Euseino?, unha organización non lucrativa independente,
agradece a súa contribución.


SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

Deixar un comentario