Reza Negarestani (1977), filósofo, foi conferenciante e deu clase en numerosas universidades e institucións internacionais. O seu proxecto filosófico está centrado no racionalismo universalista, comezando coa evolución do moderno sistema de coñecemento e chegando á corrente de pensamento do inhumanismo racional.
O seu libro Intelligence and Spirit ten como asunto a filosofía da intelixencia e as súas interseccións coas ciencias cognitivas, o idealismo alemán e a ciencia teorética computacional.
É autor das obras Cyclonopedia: Complicity with Anonymous Materials (Re.Press, 2008), Torture Concrete: Jean-Luc Moulène and the Protocol of Abstraction (Sequence Press, 2014), Intelligence and Spirit (Urbanomic x Sequence Press, 2018), Abducting the Outside: Collected Writings 2003–2020 (Urbanomic. Sequence Press, MIT Press 2021), Chronosis (Urbanomic, MIT Press 2021).
En Euseino? Editores
“Enxeñería do mundo, artesanía da mente. Unha conversa“ (con Fabio Gironi), Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 27-28, xuño de 2022.