Steven Shaviro é un dos filósofos máis sobranceiros do realismo especulativo, autor do libro The Universe of Things: On Speculative Realism (2014), os seus intereses como pensador tamén abranguen aspectos da cultura popular coma a teoría do cinema, a ficción científica e os vídeos musicais (véxase a este respecto “Sobre ‘Endles’, de Frank Ocean”, por Carlos Lema). En Doom Patrols, Shaviro escribiu unha “ficción teorética” coa que traza o perfil do posmodernismo durante os primeiros anos da década de 1990. Doutor en filosofía pola Universidade de Yale, tamén é autor do libro Without Criteria: Kant, Whitehead, Deleuze, and Aesthetics (2009). Actualmente ensina literatura e teoría do cinema na Universidade Estatal de Wayne, en Michigan (EUA).
Publicado en Euseino?
“As posibilidades emancipatorias da música groove” [1], euseino.org, 8 de febreiro de 2017.
“As posibilidades emancipatorias da música groove” [e 2], euseino.org, 14 de febreiro de 2017.
Outras obras do mesmo autor
shaviro.com