Aventuras espaciais de T e Ronni

Maks

Entintado por Federico Fernández

ISBN 978-84-121580-7-6

Col. Onocrótalo
1ª edición, 1ª impresión: novembro de 2021

280 x 200 mm
Tapa dura
48 páxs.
PVP 17 euros [16,32 + 4% IVE]


Mercar

Aventuras espaciais de T e Ronni – Compra con tarxeta

Mérqueo coa súa tarxeta de crédito e pagamento seguro a través de Paypal sen necesidade de darse de alta nesta plataforma de pago. Gastos de envío incluídos (Galicia e Estado español): 1,90 euros (IVE incluído). Para envíos ao resto de Europa e outras partes do mundo, utilícese exclusivamente a ligazón “Na internet”.

18,90 €


Na internet
(gastos de envío gratuítos para subscritores da Carta de Información)

Na librería


Coma un regreso aos tebeos, ás viñetas que contaban aventuras de piratas e viaxes espaciais, con fantasía e humor, os debuxos de Maks cambian a orde esperada, introducen a sorpresa. ¿Quen ía pensar que no espazo podería haber un Furancho Subterráneo? Os protagonistas, T e Ronni, un cabaleiro e o seu escudeiro, navegan cara ao planeta Tibi, enfróntanse con enxeño a perigos e situacións extraordinarios.

En Aventuras espaciais de T e Ronni amósase a precocidade dun debuxante con gusto pola composición das viñetas, da páxina e da escena, despreocupándose da marcha da historia, que queda nas mans do humor e fai innecesario respectar a convención da lóxica narrativa, substituída pola alusión humorística a referencias moi presentes na mente de quen le e de quen, sobre todo, mira. Porque, no cómic, a mirada ten unha dirección e un senso, a diferenza da contemplación en pintura, que carece desa intención.

Composición de páxina, sintaxe ás veces afouta que non racha coa convención do cómic, papel lúdico e humorístico dos modelos adoptados como referencia: a intuición precoz de Maks xorde dunha apredizaxe inextricablemente unida á vivencia, non dunha apredizaxe curricular nin académica. No seu caso, o debuxo forma parte da vida, é un xogo que recupera a anterga relación entre ludus e aprendizaxe, unha relación na que o lúdico da alusión vai indisolublemente unido a ese asumir algo como propio que está na base de toda aprendizaxe xenuína.

Un cómic que volve con azos novos a un xeito de debuxar no que a liña se solta e os personaxes se fan tan familiares que acaban por ser abraiantemente persoais. No ronsel de
Gilbert Sheldon e das pioneiras tiras dos xornais. Sen efectos secundarios e recomendadas para calquera idade, estas historias son unha pílula para recuperar o sorriso.

Índice: 5, O furancho subterráneo — 25, A base de Tibi.


“Pezas espaciais”
Vídeo de animación realizado por Xosé Ramón Bernárdez.