Maurice Olender

Maurice Olender (Anveres, Bélxica, 1946) é un escritor e historiador, profesor na Escola de Altos Estudos en Ciencias Sociais de París (EHESS, nas súas siglas en francés). Editor, dirixe nas Éditions du Seuil a revista Le Genre humain e a colección La librairie du XXIe siècle, na que se publican as obras póstumas de Georges Perec.

Entre outros títulos, é autor de Race sans histoire (Points Seuil, 2009), Les langues du Paradis : Aryens et Sémites, un couple providentiel (Gallimard et Éditions du Seuil, col. “Hautes études”, 1989), Un fantôme dans la bibliothèque (Seuil, 2017) e Singulier Pluriel. Conversations (editado por Christine Marcandier, Seuil, 2020).

En euseino.org
De rapaz soñaba con non ter cara. Arquivos dun fantasmatraducido do francés por Emilio Araúxo, euseino.org, 30 de marzo de 2022.