Inma Otero Varela (Carral, 1976) traballa actualmente como profesora de Lingua e Literatura Galega no Ensino Medio. Foi lectora de galego na Universidade La Sapienza de Roma entre 2003 e 2008. Colabora como crítica literaria en Grial, A Peneira Dixital e a web italiana Insula Europea. Publicou estudos no eido da narrativa galega coma o monográfico Criminal. Eu é. Dúas novelas de Xurxo Borrazás (Sotelo Blanco, 2000) e artigos en revistas coma Critica del Testo (Universidade La Sapienza), Anuario de Estudos Literarios Galegos e Dorna.
Publicado en Euseino?
“A ficcionalización do eu: autoría e protagonismo das mulleres na literatura“, Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 6, setembro de 2014.
Como tradutora
Emerxencia, [col. Casabranca 8]
Tamén en Euseino?
Participou no Programa Charlas no Pensatorio 2018 coa conferencia A emerxencia do real fronte ao texto.