PREMIO DE ENSAIO DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORAS E ESCRITORES EN LINGUA GALEGA 2014
ISBN 978-84-616-4175-8
1ª edición, 1ª impresión: maio de 2013
1ª edición, 2ª impresión: decembro de 2014
1ª edición, 3ª impresión: setembro de 2017
1ª edición, 4ª impresión: marzo de 2021
A revolución non vai ser televisada – Compra con tarxeta
Mérqueo coa súa tarxeta de crédito e pagamento seguro a través de Paypal sen necesidade de darse de alta nesta plataforma de pago. Gastos de envío (Galicia e Estado español): 1,90 euros (IVE incluído). Para envíos ao resto de Europa e outras partes do mundo, utilícese exclusivamente a ligazón “Na internet”.
14,90 €
Índice: Abreviaturas empregadas.— Prólogo.— 1. Capitalismo, poder e suxeitos. 1. O individuo e a sociedade. 2. Panorama neoliberal – Funcionamento axiomático do capital. 3. O Estado e o seu papel no mundo capitalista. 4. Razóns e senrazóns do capitalismo. 5. A escravitude na sociedade de control. 6. Semióticas e poder. 7. O problema do poder – Poder e resistencia. 8. O desexo: obstáculos e posibilidades. 9. Discurso social e configuración mental – A normalización dos suxeitos. 10. Que é un suxeito? — 2. Que podemos ser? 11. Espectro metafísico: o virtual e o actual, o acontecemento e unha diferenza diferente. 12. Implicacións ontolóxicas dunha forma de pensar nova. 13. Activarse: recomendacións de Spinoza e de Nietzsche – Bos encontros cara a un devir activo. Spinoza – A vontade da potencia, a vontade da vida. Nietzsche. 14. Deixar de ser: devir. — Epílogo. — Obras de Gilles Deleuze. — Bibliografía.
A opinión da crítica
Luís G. Soto en Ágora, vol. 34, No 2 (2015), páxs. 179-180.
“Ao final, pois, trátase da revolución. Mais, como antano se falaba das revolucións dos planetas, dos seus movementos en torno a si mesmos e no espazo, aquí se pensa outras revolucións doutros planetas: a revolución interior dos seres humanos. Planetas significa errantes. E diso se trata, de saír das órbitas e errar. Para comezar, dentro de si propio, que é tamén fóra de si propio, pois o ‘si’ e ‘o propio’ é o primeiro que, seguindo a Rebeca Baceiredo na interesante e documentada reflexión vertida neste libro, ha de suspenderse.”
Armando Requeixo en Criticalia: “Devir sen cesar”:
“En Rebeca Baceiredo ten o ensaísmo galego actual unha das voces máis interesantes de entre as dadas a coñecer nos últimos tempos. […] Toda a exposición de A revolución non vai ser televisada resulta dunha análise moi lúcida dos males do noso tempo e o noso mundo. A teoría sobre o ser social e a súas eivas é máis que suxestiva […] […] un volume que leva por título o célebre poema-canción “The Revolution Will Not Be Televised” do músico e poeta de Chicago Gil Scott-Heron e que é quen de xunguir esa esencia activista e contestataria co discurso ontoético máis actual é todo un desafío para mentes pensantes.”



Pingback: catro libros e unha dúbida e dúas pregunta | ferradura en tránsito
Pingback: Devir sen cesar | Criticalia
Pingback: pensar, que é iso? | ferradura en tránsito
Pingback: celebrar a intelixencia | ferradura en tránsito
Pingback: Vinte e sete obras finalistas compiten polos Premios AELG 2014 | ::Axenda cultural AELG::
Pingback: A revolución non vai ser televisada, de Rebeca Baceiredo, unha das tres obras finalistas do Premio AELG ao mellor ensaio | ::Axenda cultural AELG::
Pingback: As crebas » A pantasma da casa da Matanza na listaxe de libros finalistas dos Premios AELG 2014
Pingback: Pontevedra: os Premios AELG daranse a coñecer na Gala das Letras, este sábado 3 de maio | ::Axenda cultural AELG::
Pingback: Gañadoras/es dos Premios AELG 2014 | ::Axenda cultural AELG::
Pingback: Rebeca Baceiredo: «Inocular fascismo é a forma de evitar que o pobo se dea á subversión» | ::Axenda cultural AELG::
Pingback: ferradura en tránsito » crítica de CAPITALISMO E FASCISMO. PSICO-ONTOLOXÍA DA ESCRAVITUDE