Din Matamoro

Din Matamoro (Vigo, 1958) é membro da Academia de Belas Artes de Galicia desde o ano 2015. Buscador de novos sensos da creación artística, ten obra en destacadas coleccións e museos coma a colección Banco de España, a colección de arte da Deputación de Pontevedra, o Centro Galego de Arte Contemporánea, colección Deputación da Coruña, Museo de Álava, Museo Quiñones de León e a colección Abanca. Estudou na Facultade de Belas Artes de Madrid, onde recibiu as bolsas Fullbright (Nova York, 1988-1989) e da Academia Española de Historia, Arqueoloxía e Belas Artes (Roma, 1991-1992).

Como ilustrador, destacan as súas serigrafías do conto de Carmiña, de Manuel Rivas (Edicións Aguatinta, 1996) e as súas ilustracións en Luz de facer memoria (Premio González Garcés, Deputación da Coruña, 1998), de Manuel Álvarez Torneiro, Peixes medievais (Tambo, Deputación de Pontevedra, 2004)de Xosé María Vila Ribadomar, e Feliz idade, de Olga Novo (Tambo, Kalandraka, 2019).

Publicado en Euseino?
Mondas (col. Rúa do Lagarto 3, serie Onocrótalo)

Participou no Encontro arredor de Mondas coa intervención Debuxos naturais.

 

Unha opinión sobre “Din Matamoro

  1. Pingback: mira, crea, come - minúscula

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s