A representación da Bela Dormente a través da indumentaria

 

DA PINTURA PRERRAFAELITA ÁS “IMAGERIES” DE WARJA LAVATER

Edición ilustrada en cor

En acceso aberto:
A representación da Bela Dormente [PDF]  /
A representación da Bela Dormente [ebook
en arquivo comprimido zip]  /
A representación da Bela Dormente [MOBI – Kindle en arquivo comprimido zip] /
A representación da Bela Dormente  [ebook —vía Dropbox]
A representación da Bela Dormente  [MOBI – Kindle —vía Dropbox]


A representación da Bela Dormente a través da indumentaria, de Beatriz Fraga, é unha análise da indumentaria da protagonista do conto “A Bela Dormente” a través dos cadros de dous pintores prerrafaelitas —Edward Burne-Jones e John Collier— facendo tamén referencia á descrición da roupa en escritos da época, e tratará ao mesmo tempo do simbolismo das formas e da cor para representar a princesa nun exemplo de ilustración, de sinaléctica nas novas “imageries” do traballo dunha artista contemporánea, a ilustradora suíza Warja Lavater.

“Cando Charles Perrault plasma por escrito Contes du Temps passé, xurdidos da tradición oral, acompáñaos de ilustracións, tanto no manuscrito ofrecido á sobriña de Luís XIV coma na edición orixinal publicada en 1697. Ao principio, estas imaxes reforzan o texto mais posteriormente, co devir dos anos, rivalizarán con el, transcendéndoo, reinterpretándoo, terxiversándoo ou, incluso, riscándoo tal como ocorre nas edicións sen texto.”

Un ensaio no que se combina a análise do pormenor do ornamento das teas e da técnica empregada nos tecidos co estudo do valor simbólico da indumentaria empregada polos pintores na representación dunha das figuras máis sobranceiras da literatura dos contos de fadas.

A indumentaria con toda a complexidade reflectida polos cadros prerrafaelitas fronte á abstracción xeométrica e as cores básicas da arte contemporánea.

Índice: 11, 1. Sol, Lúa e Talía —15, 2. A representación da Bela Dormente nos prerrafaelitas – 16, Burne-Jones e Collier — 21, 3. A Bela Dormente segundo Burne-Jones – 21, O arco de rosas, da serie “Briar Rose” — 27, 4. A Bela Dormente de John Collier – 31, Os tecidos como parte da indumentaria e a escenografía do cadro — 41, 5. Como cambiou o conto. A simplicidade e os códigos da Bela Dormente de Warja Lavater – 41, As novas “imageries”— 47, Bibliografía


Col. Rúa do Sol 4
185 x 135 mm
PDF e libro electrónico
Ilustracións en cor
58 páxs.
ISBN 978-84-121580-0-7

Edición non venal – Acceso aberto, 2020


Para descargar gratuitamente o libro en formato PDF, calque sobre a ligazón seguinte:

A representación da Bela Dormente [PDF]

Descárgueo gratuitamente tamén en formato ebook —vía Dropbox— na ligazón:

A representación da Bela Dormente  [ebook —vía Dropbox]

A representación da Bela Dormente  [MOBI – Kindle —vía Dropbox]

Ou ebook nun arquivo comprimido [zip]:

A representación da Bela Dormente [epub]

A representación da Bela Dormente [MOBI – Kindle]

 


Apoie as publicacións en acceso aberto:

A Fundación Euseino?, unha organización non lucrativa independente,
agradece a súa contribución.


SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

 

 

 

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSaveSaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave