Unha colección de cadernos para anotacións, diarios, lembranzas, listas de soños, esbozos literarios, reflexións, pensamentos. ¶ Realizada a partir do grafismo e dos títulos das coleccións Rúa do Lagarto, Casabranca e Obra Completa. Coa tipografía, os filetes dobres e os antígrafos de euseino.org e dos libros de Euseino? Editores.¶ En homaxe á escritura, ás autoras e autores: unha achega editorial á papelería.