Anna R. Figueiredo

Anna R. Figueiredo (Ourense, 1979) é doutora en física pola Universidade de Sheffield (Gran Bretaña). Participou en obradoiros de innovación docente e de creación e difusión cultural coma o  Festival Virtual da Literatura Galega (FLIV20), do que é fundadora xunto con Nacho Alonso. Tamén é vicepresidenta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). A súa novela Os bicos feridos (Editorial Galaxia) obtivo o Premio Viadutos en 2018. Posteriormente, publicou  Feminismos. A historia cóntana as vencedoras (2019).

En euseino.org
“Decálogo da novela. Metamorfoses da ficción”, euseino.org, 1 de marzo de 2021